alt=Un verso do Thị vị Xuân thu|miniatura|Un verso do Thị vị Xuân thu
Giải âm (en chữ hán: 解音) é o conxunto de traducións de textos en chinés literario ao vietnamita. Estes textos abarcan un amplo espectro, dende pequenas glosas para explicar termos individuais ou frases a adaptacións de obras completas para os lectores vietnamitas. Entre estes libros, destacan os clásicos chineses, como o Lunyu, así como a literatura vietnamita redactada en chinés, como o Truyền kỳ mạn lục.
Etimoloxía O termo "giải âm" significa literalmente "explicar os sons". Refírese ás traducións do chinés literario ao vietnamita, coa énfase na preservación da sintaxe orixinal namentres se procuraban equivalencias en vietnamita para os caracteres chineses.
Âm é un apócope da expresión quốc âm (en chữ hán: 國音; en ), que se refería á lingua vietnamita.
Estas traducións podían chamarse doutras maneiras, como por exemplo diễn âm (演音) ou ước giải (約解). Outro concepto relacionado é giải nghĩa (解義; lit. "explicar o significado"), que se refire ás traducións que priorizaban a transmisión do sentido do texto sen centrarse na orde orixinal das palabras. Xa que logo, esta práctica pon a énfase no aspecto semántico da fonte orixinal.
Historia O texto máis antigo conservado é unha edición bilingüe do século XV, o Phật thuyết đại báo phụ mẫu ân trọng kinh (佛說大報父母恩重經). Esta obra contén a tradución en vietnamita xunto co orixinal en chinés clásico. A devandita tradución emprega vocabulario obsoleto e características lingüísticas propias do período, o que ofrece valiosa información sobre o desenvolvemento histórico do vietnamita.
Outra obra notable é Quốc ngữ thi nghĩa (國語詩義; 1396), escrita por Hồ Quý Ly (胡季犛; 1336–1407). Trátase dunha tradución do Shijing ou Clásico da poesía. Porén, perdeuse durante a cuarta dominación chinesa do Vietnam.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Chinés clásico Categoría:Tradución Categoría:Lingua vietnamita