A mina de Touro ou mina de Arinteiro é unha explotación mineira de cobre ao aire libre situada en Touro e Cebreiro (O Pino).
Historia
A finais da década de 1950, Rafael Sánchez-Díez García adquiriu os dereitos de explotación, co nome de mina Rafael, e en 1970 a empresa Río Tinto Patiño solicitou a execución do proxecto e en 1975 aprobouse un expediente de expropiación forzosa. A mina estivo activa entre 1974 e 1987, e o cobre embarcábase no porto de Vilagarcía de Arousa con destino á provincia de Huelva. A empresa Río Tinto Patiño solicitou o cesamento de actividade. En 1993 adquiriu a mina a empresa Explotaciones Gallegas, que extraeu áridos. Na década de 2010 os dereitos transferíronse á empresa Cobres San Rafael.
Patrimonio A explotación e a falta de restauración tras o cesamento da actividade causaron danos graves e persistentes ao sistema fluvial do río Ulla. Ademais, no seu momento supuxo a destrución do castro de Copa.
Notas
Categoría:Touro
Categoría:Minaría Categoría:Industria de Galicia
Categoría:Touro sen imaxes