Tõnu Trubetsky, nado en Talín o 24 de abril de 1963, tamén coñecido como Tony Blackplait, é un músico de punk rock/glam punk, director de cinema e de videoclips, escritor e anarquista individualista estoniano.
Traxectoria Descendente da família principesca dos Trubetskoy. Estudou teatro en secundaria. En 1982 comezou o servizo militar no Exército Soviético. Tras deixalo comezou a participar na escena punk rock de Europa Oriental, e en 1984 fundou a banda Vennaskond. Ademais foi cantante nos grupos Felis Ultramarinus (1986), Vürst Trubetsky & J.M.K.E. (1986-2009), The Un Concern (1988) e The Flowers of Romance (a partir de 1999). Tamén foi guitarrista da banda Operatsioon Õ en 1995. Traxectoria política Foi membro do partido Verdes Estonianos, e foi candidato nas eleccións de 2007 para o Riigikogu e mais nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, mais non saíu elixido. O 5 de agosto de 2010 anunciou que pasaba a militar no Partido de Centro de Estonia.
Filmografía Como director Millennium (1998, VHS, 90 min., Faama Film/Trubetsky Pictures) Ma armastan Ameerikat (2001, VHS, 140 min., DayDream Productions/Trubetsky Pictures) Sügis Ida-Euroopas (2004, 2DVD, 185 min., DayDream/Trubetsky Pictures) New York (2006, DVD, 140 min., Trubetsky Pictures) Pirates of Destiny (2007, DVD, 150 min., Trubetsky Pictures)
Como actor Serenade (Rao Heidmets, 1987) The Sweet Planet (Aarne Ahi, 1987) War (Hardi Volmer e Riho Unt, 1987) Hysteria (Pekka Karjalainen, 1992) Moguchi (Toomas Griin e Jaak Eelmets, 2004; música de Vennaskond) Punklaulupidu (Erle Veber, 2008)
Obra Pogo (poesía; 1989) Inglid ja kangelased (novela, 1992; con Anti Pathique) Anarhia (poesía, 1994) Daam sinises (novel punk, 1994; con Anti Pathique) Mina ja George (novela, 1996) Trubetsky (poesía, 2000) Inglid ja kangelased (novela, 2002) Anarhistid. Anarhia agendid. Maailmarevolutsiooni prelüüd. Anarhistliku liikumise ajalugu (ensaio, 2003) Susi jutud (novela, 2007; con Anti Pathique) Eesti punk 1976–1990. Anarhia ENSV-s (ensaio, 2009; con Cat Bloomfield) Eesti punk 1972–1990. Haaknõela külm helk (con Kalev Lehola, 2012) «Hukkunud Alpinisti» hotelli müsteerium (2013)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Talín Categoría:Escritores de Estonia Categoría:Cantantes de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana