O naufraxio da Monchiña tivo lugar o 22 de agosto de 1950 cando unha motora de pasaxe envorcou no traxecto entre a illa de San Simón e Redondela.

Historia

Na década de 1940 a illa de San Simón deixou de ser cárcere e pasou a ser Colonia de Educación e Descanso, e nas épocas estivais os membros da Garda de Franco, fundada no verán de 1944, pasaban alí as súas vacacións.

O 22 de agosto de 1950 uns sesenta pasaxeiros dirixíronse a Redondela para xogar un partido de fútbol. Un dos homes caeu ao mar, e axiña cundiu o pánico. Varios homes intentaron rescatalo e debido ao peso a motora escorou, co cal todos os homes foron a pique. Como case ningún sabía nadar comezaron a agarrarse os uns aos outros e a maioría afogaron. Un total de corenta e tres tripulantes perderon a vida no accidente.

O propio día recolléronse dez corpos mortos, os de Francisco Fernández (Biscaia), Ramón Rodríguez (Biscaia), Francisco Peñalver (Madrid), José Feliú Olucha (Castelló), Francisco Montero Antón (León), Rosendo Serrano López (León), Lorenzo Bescós Durango (Alacant), José María Lamas Lens (Santiago de Compostela), Francisco Montero Piqueras (Madrid) e Pascual Llop Martínez (Valencia). O día 23 atopáronse 29 corpos máis, os de Ángel Aguarón de Diego (Madrid), Alfredo Molina Muñoz (Madrid), Alfredo Vigara López (Madrid), Jorge Orive (Salamanca), José Romo Sánchez (Salamanca), Nereo López Rojo (O Porriño), Manuel Nogueira Pérez (Pontellas), Tomás Tudela Pomares (Alacant), Enrique Poveda Medina (Alacant), José Burgos Aldaguer (Alacant), Antonio Juan Morán (Alacant), Agustín del Valle García (A Rioxa), Isaac José María Iglesias González (A Rioxa), Pablo Giménez López (Toledo), Nicolás Barrios Peliz (Valladolid), Ismael Moliner Villalba (Castelló), Jesús Ontáz Monleón (Castelló), Eduardo Nevot Segarra (Castelló), Miguel Domingo Gaspar (Zamora), Isaac Rosón Pérez (Lugo), Avelino Nistal Arias (León), Simplicio Dafonte Salinas (Paradela de Abeleda), Manuel Seara Iglesias (Ourense), Ramón Mateo Reinoso (Ourense), Luciano González (Ourense), Vicente Moliner Ginés (Castelló), José Camino Alvarez (Guadalaxara), Gregorio Martínez Somolinos (Guadalaxara) e Miguel Encabo Montero (Guadalaxara). Desapareceron os corpos de Eulogio Pérez Morante (Madrid), Bienvenido Cañamares Vinuesa (Madrid), José Arcos Giménez (Madrid) e Genaro Beato (Salamanca).

Homenaxes

En 1958 colocouse unha pequena cruz na illa de San Norberto, na cara sur do arquipélago. Ao acto acudiu José Solís Ruiz, ministro-secretario xeral do Movemento. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Redondela Categoría:1950 en Galicia Monchiña Categoría:Franquismo