Tameharu Hasegawa (en ), nado na prefectura de Yamaguchi o 13 de agosto de 1848 e finado o 7 de maio de 1938, foi un alto funcionario do Goberno xaponés.
Traxectoria miniatura|esquerda|Estatua en Osaca.|284x284px
Logo de servir, desde o primeiro ano da era Meiji (1868), como funcionario na prefectura de Hyōgo e posteriormente no ministerio xaponés de Finanzas, en 1870 (3 Meiji) ingresou como director adxunto da Casa da Moeda do Xapón en Osaca. Tras un breve perído ao servizo do Dajokan (Gran Consello de Estado), en 1893 (26 Meiji) ascendeu ao posto de director executivo da Casa da Moeda,"Department of Finance: Mint". En Tayui, R. (1895). The Commercial Guide and Trade Directory of Japan. Donnell, Nova York. Páxina 129. substituíndo a Kinsuke Endo."Directory: Imperial Government Mint". En The Chronicle & directory for China, Corea, Japan [...] for the year 1892. Daily Press, Hong Kong. 1892. Páxina 49. Baixo a súa dirección estableceuse unha nova Lei da Moeda e produciuse á electrificación dos labores de cuñaxe na ceca."Do you know "Hasegawa Tameharu"?". Japan Mint (Mint.go.jp).
En xaneiro de 1895, Hasegawa recibiu en Osaca o director da Royal Mint de Londres, Charles William Fremantle, a quen coñecera no transcurso dunha xira polas cecas europeas, e acompañouno nunha visita guiada polas instalacións da ceca nipoa.The Colonies and India. Londres. 19 de xaneiro de 1895. Páxina 32.
Tameharu Hasegawa xubilouse en 1913 (2 Taisho),Diario Oficial Nº 220, 26 de abril de 1913. logo de 43 anos de servizo na Casa da Moeda. Na súa memoria ergueuse unha estatua de bronce no interior do acceso principal ao antigo edificio da ceca.
O 7 de abril de 1914 (3 Taisho) foi nomeado secretario xefe do Clan Kinkei.Diario Oficial Nº 505, 8 de xullo de 1914.
O seu irmán Kinsuke Hasegawa foi vicepresidente da Oficina de Ferrocarrís.
Honras 1892 (25 Meiji): quinto rango menor.Gaceta Oficial Nº 2.591, 23 de febreiro de 1892. 1913 (2 Taisho): terceiro rango menor.Gaceta Oficial Nº 219, 25 de abril de 1913.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Casa da Moeda do Xapón
Categoría:Nados en 1848 Categoría:Nados no Xapón Categoría:Finados en 1938 Categoría:Numismáticos do Xapón Categoría:Personalidades do Xapón