William Ellison-Macartney, nado en Dublín o 7 de xuño de 1852 e finado en Chelsea, Londres, o 4 de decembro de 1924, foi un político británico de orixe irlandesa, que ocupou os cargos de gobernador de Tasmania e de Australia Occidental, e de Deputy Master of the Mint."Macartney, Right Hon. Sir Wm. Grey Ellison". En Thom's Irish Who's Who. 1923, Dublín.
Primeiros anos e formación Nado como William Grey Ellison en 1852 en Dublín, Irlanda,Forrer, L. (1923). era fillo de Elizabeth Phoebe Porter e de John William Ellison, un deputado conservador na Cámara dos Comúns do Reino Unido. O seu pai cambiou o apelido familiar a Ellison-Macartney en 1859, como condición dunha herdanza dun tío materno."Sir William Grey Ellison-Macartney 1917-1920". Constitutional Centre of Western Australia (wa.gov.au).
Ellison-Macartney cursou os seus estudos no Eton College e posteriormente no Exeter College da Universidade de Oxford, e desde moi novo interesouse polo dereito e pola política. En 1878 colexiouse como avogado."Dictionary of New Ulster Biography of Sir William Grey Ellison-Macartney (1852-1924)", Dictionary of New Ulster Biography (Newulsterbiography.co.uk).
Foi un fervente partidario do unionismo irlandés e chegou a ser gran secretario da Orde de Orange en Irlanda.
Traxectoria política Nas eleccións xerais británicas de 1885, Ellison-Macartney presentouse á Cámara dos Comúns e foi elixido membro conservador pola circunscrición electoral de South Antrim, que se acababa de crear. En xaneiro de 1886, convocou unha reunión que deu lugar á formación do Partido Unionista Irlandés, do que foi voceiro.Roe, M (1986).
En 1895, Ellison-Macartney foi nomeado secretario parlamentario e financeiro do Almirantado, cargo que ocupou ata 1890, cando unha remodelación do gabinete deu lugar ao nomeamento do unionista liberal H. O. Arnold-Forster. Nese momento Ellison-Macartney foi nomeado membro do Consello Privado.
Coa esperanza de reafirmar o seu lugar na xerarquía lealista, Ellison-Macartney dirixiu unha campaña de «lei e orde», dirigida en particular contra a violencia e os delitos agrarios cometidos pola Liga Irlandesa Unida de William O'Brien.Jackson, A. (1989). The Ulster Party: Irish Unionists in the House of Commons, 1884-1911. Oxford University Press. Páxinas 246-247. ISBN 0-19-822288-2 Retirouse da política a principios de febreiro de 1903, logo de que se lle ofreceran varios nomeamentos gobernamentais.
Carreira na Administración
Director da Real Casa da Moeda Ellison-Macartney foi nomeado Deputy-Master of the Mint —un cargo equivalente ao de director da Real Casa da Moeda do Reino Unido— en xaneiro de 1903—,"New Deputy-Master of the Royal Mint". En The Times. Nº 36972. Londres. 8 de xaneiro de 1903. Páxina 7. logo do faclecemento do seu antecesor, Horace Seymour, o ano anterior. Desempeñou este posto ata a súa dimisión en 1913.
Durante o mesmo período exerceu tamén como Alto Shériff de Antrim, en 1908.Representative British Freemasons. Kessinger Publishing. 2003. Páxina 24. ISBN 0-7661-3589-6
Gobernador de Tasmania O motivo da súa dimisión na Royal Mint foi o seu nomeamento, en decembro de 1912, como gobernador do Estado australiano de Tasmania, e Cabaleiro Comendador da Orde de San Miguel e San Xurxo. Este nomeamento suscitou gran inquedanza entre os nacionalistas irlandeses, que consideraban que os antecedentes políticos unionistas de Ellison-Macartney poderían ofender os tasmanos partidarios da autonomía irlandesa.
En 1914, Ellison-Macartney presidiu unha disputa constitucional na Asemblea de Tasmania. Cos partidos Laborista e Liberal a piques de chegar a un punto morto no Parlamento, concedeu unha elección anticipada ao primeiro ministro liberal de Tasmania, Albert Solomon. Os liberais acadaron un escano máis, necesario para conservar o poder, mais perderon outro nunha elección parcial posterior. Ellison-Macartney rexeitou a petición de Solomon de que se disolvese de novo o Parlamento e pediulle ao laborista John Earle que formase goberno, coa condición de que se convocasen eleccións.Eldershaw, P. R. (1958). Guide to the Public Records of Tasmania. Section 2. Governor's Office. Archives Office of Tasmania. Despois da toma de posesión de, ningunha das partes quixo celebrar eleccións, polo que o Parlamento ficou en sesión e o secretario de Estado para as Colonias anulou as recomendacións de Ellison-Macartney.
Gobernador de Australia occidental Do mesmo xeito que Harry Barron antes ca el, e Francis Newdegate despois, Ellison-Macartney foi trasladado como gobernador de Tasmania a Australia Occidental. O seu mandato alí non foi feliz: os seus comentarios críticos sobre os políticos de Tasmania fixeran que os australianos desconfiasen da súa actitude, e tivo que se enfrontar á depresión económica do estado logo da primeira guerra mundial, e ás continuas obxeccións á súa postura unionista por parte dos partidarios da autonomía irlandesa.
Ellison-Macartney regresou a Inglaterra logo dun mandato de tres anos.
Vida familiar O 5 de agosto de 1897 casou en Holcombe, Somerset, con Ettie Myers Scott, irmá de Robert Falcon Scott, o explorador da Antártida. Tiveron tres fillos: as dúas fillas eran Phoebe (nada en 1898) e Mildred (nada en 1900), e o fillo John. Phoebe morreu en 1918, aos 20 anos, como consecuencia dun accidente de equitación en Perth, Australia.
William Ellison-Macartney finou en Chelsea, Londres, o 4 de decembro de 1924, aos 72 anos.'Obituary'. En The Times. 6 de decembro de 1924. Páxina 15.
Masonaría Ellison-Macartney era masón. Foi iniciado o 6 de xuño de 1872 na Loxa Universitaria Apollo 357, a véspera do seu vixésimo aniversario. En 1877, cando regresou a Irlanda, converetuse en membro da Loxa Cappagh 350 e, posteriormente, da Loxa Concord 332. Por último, foi un dos fundadores da nova Loxa Border 482 o 25 de abril de 1889. Cando foi nomeado gobernador de Tasmania, aceptou o posto de gran mestre da Gran Loxa de Tasmania e foi investido o 19 de febreiro de 1914. Tamén foi nomeado gran mestre da Gran Loxa de Australia Occidental durante o seu mandato como gobernador do estado."KentHenderson". Kenthenderson.com.au Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Forrer, L. (1923). "Ellison Macartney, Sir William Grey". Biographical dictionary of medallists. Vol. 7. Spink & Son, Londres. Páxina 251.
Craig, John (2010) . The Mint: a History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-17077-2 Roe, M (1986). "Macartney, Sir William Grey Ellison (1852-1924)". En Australian Dictionary of Biography, Volume 10, Melbourne University Press. Páxina 202.
Outros artigos
Director da Royal Mint
Ligazóns externas
Intervencións de William Ellison-Macartney no Parlamento do Reino Unido
Categoría:Nados en 1852 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Finados en 1924 Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Directores da Royal Mint Categoría:Masóns