miniatura|O alimento fermentado oncom, faise usando Neurospora intermedia var. oncomensis Neurospora é un xénero de fungos ascomicetos. O nome do xénero, que significa "espora nervio", fai referencia ás características estriacións que teñen as súas esporas, que lembran axóns de nervios.
A especie mellor coñecida deste xénero é Neurospora crassa, un organismo modelo de uso común en bioloxía. Neurospora intermedia var. oncomensis crese que é o único balor pertencente a Neurospora que se usa na produción de alimentos (para facer o oncom).
Características As especies de Neurospora son balores que forman colonias que se estenden moito, con abundante produción de ascocarpos. Os ascocarpos son superficiais ou inmersos, periteciais e ostiolados ou cleistoteciais e non-ostiolados, pilosos ou glabros, de cores escuras. O peridio é membranoso, os ascos cilíndricos, clavados ou subesféricos, cunha parede persistente ou evanescente, usualmente cunha estrutura engrosada e non-amiloide no ápice, usualmente de 8 esporas. As ascósporas son aproximadamente fusiformes, elipsoidais ou case esféricas, de hialinas a marróns amareladas ou marróns oliváceas, facéndose escuras e opacas ao maduraren, a parede das ascósporas ten costelas lonxitudinais ou buratiños, algunhas veces son case lisas, con 1–2 (pero en casos raros ata 12) poros xerminais dispostos nos extremos das ascósporas, e están ausentes as vaíñas xelatinosas ou apéndices. Só se coñecen anamorfos nun número relativamente pequeno de especies, as cales pertencen a xénero de fungi imperfecti Chrysonilia. A especie tipo do xénero é Neurospora sitophila Shear.
Sistemática O antigo xénero Gelasinospora está estreitamente relacionado e non se resolveu como grupo monofilético distinto, de modo que hoxe se inclúe como sinónimo de Neurospora.
Especies Neurospora africana Neurospora autosteira Neurospora bonaerensis Neurospora brevispora Neurospora caffra Neurospora calospora Neurospora cerealis Neurospora crassa Neurospora cratophora Neurospora dictyophora Neurospora discreta Neurospora dodgei Neurospora endodonta Neurospora erythraea Neurospora fallaciosa Neurospora foveaconica Neurospora galapagosensis Neurospora goundaensis Neurospora hapsidophora Neurospora heterospora Neurospora himalayensis Neurospora hippopotama Neurospora hispaniola Neurospora indica Neurospora intermedia Neurospora inversa Neurospora kobi Neurospora lineolata Neurospora longispora Neurospora macrospora Neurospora metzenbergii Neurospora micropertusa Neurospora mirabilis Neurospora multiforis Neurospora nigeriensis Neurospora novoguineensis Neurospora pannonica Neurospora perkinsii Neurospora pseudocalospora Neurospora pseudoreticulata Neurospora reticulata Neurospora retispora Neurospora saitoi Neurospora santi-florii Neurospora seminuda Neurospora sitophila Neurospora sphaerospora Neurospora stellata Neurospora sublineolata Neurospora terricola Neurospora tetrasperma Neurospora tetraspora Neurospora toroi Neurospora udagawae Neurospora uniporata Neurospora varians Neurospora xylopiae
Como organismos modelo
Neurospora úsase moito en estudos de xenética como organismo modelo (especialmente N. crassa) porque se reproduce rapidamente, é doado de cultivar, e pode sobrevivir nun medio mínimo (sales inorgánicos, glicosa, auga e biotina en ágar).
Os primeiros estudos de reprodución sexual en Neurospora fíxoos B. O. Dodge. Posteriormente utilizárona George Wells Beadle e Edward Lawrie Tatum en experimentos de mutacións por raios X para descubriren mutantes que se diferenciasen en necesidades nutricionais. Os resultados dos seus experimentos leváronos a propoñer a hipótese un xene-un encima, na cal postulaban que cada encima está codificado polo seu propio xene.
Infórmase das investigacións feitas con Neurospora semianualmente no Neurospora Meeting en Asilomar, California, coordinado polo Fungal Genetics Stock Center (FGSC). As cepas mutantes e de tipo silvestre de Neurospora están dispoñibles no FGSC. O FGSC tamén publica o Fungal Genetics Reports.
Persoas importantes na investigación con Neurospora foron: Bernard Ogilvie Dodge (1872–1960) George Beadle (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, 1958) Edward Tatum (Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, 1958) Esther LederbergZimmer, E. M., agosto de 1946, "MUTANT STRAINS OF NEUROSPORA DEFICIENT IN PARA-AMINOBENZOIC ACID", MA Thesis, Stanford University<ref>Hollaender, A., Sansome E. R., Zimmer, E., Demerec, M., abril de 1945, "Quantitative Irradiation Experiments with Neurospora crassa. II. Ultraviolet Irradiation", American Journal of Botany 32(4):226-235 Also: "Quantitative effects of radiation on mutation production in Neurospora crassa", Records of the Genetics Society of America, Number Thirteen, 1944</ref>Giles, N. H. Jr., Lederberg, E. Z., marzo de 1948, "Induced reversions of biochemical mutants in Neurospora crassa", American Journal of Botany 35(3):150-157 Norman Giles David Perkins Robert Metzenberg Norman Horowitz Herschel K. Mitchell Mary B. Mitchell Martha Merrow
Reprodución sexual Na especie heterotálica Neurospora crassa, cómpre a interacción de cepas haploides de tipo de apareamento oposto para que se produza a reprodución sexual e a produción de ascósporas por meiose. As ascósporas despois restauran os individuos haploides de cada tipo de apareamento. A fase do ciclo vital é, pois, predominantemente haploide, pero, despois do apareamento, os núcleos non se fusionan inmediatamente: a cariogamia atrásase ata o mesmo comezo da meiose. o micelio resultante chámase heterocarion e non é diploide nin haploide. O xénero Neurospora tamén comprende especies homotálicas nas cales un só individuo haploide porta ambos os loci do tipo de apareamento e pode sufrir autofecundación que leva á meiose e á reprodución sexual. Neurospora africana é un exemplo de especie dese tipo. Ademais, algunhas especies de Neurospora dise que son pseudohomotálicas. Portan ambos os tipos de apareamento, mais están en núcleos separados do mesmo individuo. Nunha ascóspora inclúense dous núcleos haploides orixinados da mesma meiose. O individuo é así permanentemente heterocariótico. Exemplos deste sistema de apareamento son Neurospora tetrasperma e Neurospora tetraspora. Como as especies heterotálicas sofren necesariamente algún grao de cruzamento con outras cepas poden beneficiarse dunha maior eficiencia de selección debido ás maiores taxas de recombinación efectiva. Ao contrario, as especies pseudohomotálicas e homotálicas nunca ou raramente se cruzan con outras cepas e non experimentan estes beneficios: en homotálicas observouse unha eficiencia reducida da selección negativa. Porén, tanto as especies heterotálicas coma as pseudohomotálicas benefícianse do enmascaramento dos alelos recesivos deletéreos na fase heterocariótica. Ademais, todas as especies obteñen os beneficios da meiose que inclúen a eliminación de danos no ADN inducidos polo estrés por reparación por recombinación homóloga e a formación de ascósporas resistentes ao estrés.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fungal Genetics Stock Center Neurospora Meeting, sitio web Neurospora strains no FGSC Proxectos xenoma de Neurospora Fungal Cell Biology Group na Universidade de Edimburgo, Escocia. O sitio web inclúe moitas películas e imaxes de Neurospora. Fungal Genetics Reports Montenegro-Montero A. (2010) "The Almighty Fungi: The Revolutionary Neurospora crassa". Unha visión histórica das moitas contribucións deste organismo á bioloxía molecular. Xenoma de Neurospora crassa''
Categoría:Ascomicetos