A nai traballadora (en ) é unha escultura pública realizada polo artista finlandés Panu Patomäki en 1996. Está situada no parque Työläisäidin, na intersección das rúas Sturenkatu e Läntinen Brahenkatu, no distrito de Alppiharju, Helsinqui. A obra foi inaugurada o 12 de maio de 1996, coincidindo co Día da Nai en Finlandia. A cerimonia contou coa participación de centos de residentes e foi presidida pola primeira dama, Eeva Ahtisaari. alt=Detalle de la hija, conocida como Liisa|miniatura|Detalle da filla, coñecida como Liisa No ano 1992, un grupo da veciñanza do barrio de Vallila que adoitaba reunirse na sauna Päijänne propuxo crear unha homenaxe á nais traballadoras. A iniciativa contou co apoio de antigas residentes da rúa Kirstinkatu e de moitas outras persoas da contorna. Grazas ao compromiso e entusiasmo desta comunidade, o proxecto puido levarse a cabo. Para financialo, o comité organizador impulsou diversas actividades destinadas á recadación de fondos.

A escultura representa a unha nai e a súa filla en plena tarefa doméstica, escorrendo roupa mollada sobre unha almofía. Está elaborada en bronce e responde a un estilo realista e expresivo. Foi concibida para ser apreciada desde todos os ángulos. Segundo unha votación organizada pola revista Kallio, as figuras foron bautizadas como Lyyli (a nai) e Liisa ou Alice (a filla). Xunto á escultura, unha placa de latón colocada sobre unha rocha leva a inscrición: «Inaugurada o Día da Nai, o 12 de maio de 1996, en agradecemento ás nais traballadoras».

Desde a súa inauguración, cada Día da Nai celébrase anualmente unha ofrenda floral no lugar ás 12:00 horas. En 2004, con motivo do 60.º aniversario da independencia de Finlandia, inaugurouse un sistema de iluminación permanente para a escultura, nun acto presidido pola presidenta Tarja Halonen.

Esta escultura forma parte da Colección de Arte da Cidade de Helsinqui, xestionada polo Museo de Arte de Helsinqui (HAM).

Notas

Categoría:Monumentos Categoría:Obras escultóricas Categoría:Helsinqui Categoría:Maternidade