Francesco Tonucci, nado en Fano en 1940, tamén coñecido polo alcume de "Frato", é un pensador, psicopedagogo e debuxante italiano impulsor de La città dei bambini (A cidade dos nenos) desde a área de psicoloxía e cognición en que traballa. Promoveu diversas iniciativas para fomentar a participación de nenos, como o camiño escolar ou o consello da infancia. Declárase admirador de Gianni Rodari e amante da arte.

Desenvolve o seu labor no Instituto de Ciencias e Tecnoloxías Cognitivas de Roma desde 1966 e está centrado no desenvolvemento cognitivo, no pensamento e no comportamento dos nenos.

Foi investido como doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en maio de 2024 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia e asesorou o Concello de Pontevedra para se integrar no proxecto da "Rede de cidades dos nenos e das nenas", ao que logo se sumou a Deputación provincial de Pontevedra.

A cidade dos nenos Co alcume de "Frato" (unha fusión das primeiras sílabas do seu nome e apelido), publica desde 1968 debuxos con retranca que convidan á reflexión sobre temas educativos. As súas publicacións foron traducidas do italiano ao galego, castelán, catalán, francés e portugués.

En 1991 creou o proxecto La città dei bambini per una rivoluzione urbana (A cidade dos nenos e das nenas para unha revolución urbana) en Fano, a súa cidade natal. A iniciativa, que se resume en que unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para toda a veciñanza, tivo un grande éxito e estendeuse a diversos países. En 2025, chegou a 300 vilas e cidades participantes de estados como Italia, Portugal, España, Francia, Suíza, Líbano, México, República Dominicana, Costa Rica, Colombia, Perú, Brasil, Uruguai, Chile e Arxentina.

En Galiza, o departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra ten 20 vilas e cidades inscritas nese proxecto de ‘Cidades dos nenos e das nenas', para conseguiren que os espazos públicos sexan urbanizados á medida dos nenos e respectuosos coa comunidade, como lugares amigables para o encontro, o lecer e a mobilidade sustentable. De feito, o denominado 'modelo Pontevedra', que foi premiado internacionalmente polos cambios urbanísticos para gañar espazo público para a veciñanza, ten trazos desta iniciativa.

Este concepto implica reimaxinar as políticas públicas mediante a perspectiva do que é interese para os nenos. Tonucci estima que unha cidade deseñada para a cidadanía máis vulnerable, os nenos, estará adaptada á totalidade da poboación. O obxectivo da cidade amiga da infancia debe ser, por tanto, "devolverlles aos nenos e ás nenas da cidade a oportunidade de saíren dos seus fogares sos para gozaren da experiencia fundamental da exploración, a aventura e o xogo coas súas amizades".

A cidade amiga da infancia, tal como a concibiu Tonucci, é unha cidade deseñada mediante a toma de decisións que impliquen os propios nenos nun proceso de participación cidadá, como os consellos municipais da infancia. O desenvolvemento da súa autonomía e do seu poder de acción permite considerar os nenos como cidadanía en formación e como membros de pleno dereito da cidade.

Principios pedagóxicos Os principios pedagóxicos de Francesco Tonucci parten da premisa de lle dar protagonismo aos nenos e ás nenas para mudar a perspectiva:

En primeiro lugar, escoita calquera cousa que os nenos e nenas queiran explicar. Normalmente, estas ideas espontáneas que xorden durante o xogo son innovadoras e creativas. Non son copias das opinións dos seus pais e das súas nais ou profesorado, senón a súa incipiente opinión crítica. Os nenos e as nenas deben estar incluídos na xestión da escola. Se participan na toma de decisións que lles afectan á súa vida diaria, poderán desenvolver un espírito autónomo e soberano. Deixar tempo libre, é dicir, sen control parental despois da clase. Isto daralle temas de conversa na casa e na escola ao día seguinte. Para conseguir este espazo libre, os deberes non deben ser unha carga diaria excesiva porque xa pasan moitas horas na aula. Finalmente, débese respectar o ritmo de traballo de cada neno e nena, non todos os nenos e nenas se desenvolven ao mesmo tempo. Por esta razón, é moi importante centrarse no que xa sabe facer, en lugar do que non é capaz de facer. Se traballamos a partir dos seus coñecementos, poderemos establecer autoestima e motivación persoal.

Recoñecementos Francesco Tonucci recibiu, entre outros, os seguintes recoñecementos internacionais:

En 2003 é nomeado profesor honoris causa da Facultade de Educación da Universidade Pontificia Católica do Perú.

En 2011 obtén a medalla de ouro ao mérito educativo da Xunta de Andalucía e resulta nomeado doutor honoris causa da Universidade Nacional de La Plata (Arxentina) a proposta da Facultade de Arquitectura e Urbanismo. En 2012 é nomeado doutor honoris causa da Universidade Nacional do Litoral] (Arxentina) a proposta da Facultade de Ciencias Humanas. En 2014 recibe o Premio Marta Mata da asociación “Rosa Sensat” de Barcelona. En 2016 consegue o doutor honoris causa da Universidade de Lleida En 2017 é nomeado doutor honoris causa da Universidade de Oviedo. Neste ano recibe o Premio Andersen de literatura infantil en Italia e o premio Pajarita de fabricantes de xoguetes en España. En 2018 é nomeado doutor honoris causa pola Universidade Católica de Córdoba(Arxentina) e recibe o premio Piccolo Plauto da Universidade de Boloña En 2019 recibe o premio UNICEF, polo comité español En 2020 é nomeado Ashoka Fellow En 2022 recibe a condecoración de Commendatore della Repubblica Italiana de parte do presidente da República Italiana En 2024 recibe a distinción doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela

Publicacións En galego, dispón dos seguintes títulos traducidos:

A cidade dos nenos, tradución de Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez, 2014. Cando os nenos din Basta!, tradución de Mónica Baleirón e Rut Vázquez, 2016. Por que as nenas e os nenos?, tradución de Carlos Acevedo, 2021.

Noutros idiomas, entre outras, ten as seguintes publicacións e traducións:

La creatività. Spunti per un discorso educativo, Firenze, LEF, 1970. La ricerca come alternativa all'insegnamento, Firenze, LEF, 1972. A tre anni si fa ricerca (a cura di F. Tonucci, M. Cecchini, G. De Peppo, P. Giorgi, A. Messerini, M.R. Papini), Firenze, LEF, 1976. I materiali, Padova, La Linea Editrice, 1977. Por una Escuela Alternativa - Barcelona - Gux, 1978. Il primo anno del nostro bambino (con G. Ricci), Milano, F.lli Fabbri Editori, 1980. Guida al giornalino di classe, Bari, Laterza, 1980. Con gli occhi del bambino, Milano, F.lli Fabbri Editori, 1981. Viaje Alrededor de “El Mundo” - Barcelona - Laia, 1981. Valutare per conoscere (con S. Caravita, E. Detti), Bologna, Il Mulino, 1983. Bambini si nasce, Firenze, La Nuova Italia, 1987. La Escuela como Investigación - Bos Aires - Miño, 1988.

A los tres años se investiga - Barcelona, 1988.

Niño se nace - Bos Aires - REI Argentina, 1988.

El Primer año de nuestro niño. Bos Aires. Miño y Dávila, 1989. Bambini si diventa, Firenze, La Nuova Italia, 1989. Enseñar o aprender? La escuela como investigacion quince años despues, Editorial Graó, Barcelona, 1990. Los Materiales. Barcelona, 1990.

Con Ojos de Niño. Bos Aires. Barcanova Educación, 1990.

Como ser niño. Buenos Aires. REI Arxentina, 1990.

La Ciudad de los Niños. Barcelona, 1991 Las Olimpiadas ´92 con ojos de niño. Bos Aires. REI, 1992. Con ojos de niño. Bos Aires. REI, 1994

¡Si no os hacéis como yo! Madrid. PPC, 1995 La solitudine del bambino, Firenze, La Nuova Italia, 1995. Con ojos de maestro, Buenos Aires, Troquel, 1995. La città dei bambini, Un modo nuovo di pensare la città, Bari, Laterza, 1996. Con Ojos de Maestro. Buenos Aires. Troquel, 1996 La solitude de l'enfant, [trad. de la version espagnole par Giovanni Tonucci] / Paris : Presses universitaires de France, 1996 Cari genitori (con G. Masera), Milano, Hoepli, 1998. ¿Enseñar o aprender? Caracas. Laboratorio Educativo, 1999 Se i bambini dicono: adesso basta!, Bergamo, ZeroSeiUp, 2002. Fratografias, 35 años de humor dentro da educación, Ourense Difusora Editor, Universidade de Vigo, 2004. Cuando los Niños dicen Basta!!, 2005 Il Consiglio dei bambini (con D. Renzi, A. Prisco), Roma, Booklab, 2011. Los niños y las niñas piensan de otra manera, Barcelona, Graó, 2017. Manuale di progettazione partecipata con bambini e bambine (con C. Belingardi, L. Morachimo, A. Prisco, D. Renzi), Bergamo, ZeroSeiUp, 2018. Manuale di guerriglia urbana. Per bambine e bambini che vogliono conoscere e difendere i loro diritti, Bergamo, ZeroSeiUp, 2019. Por qué la infancia, Barcelona, Editorial Destino, 2019. Un nonno per amico, Roma, Orecchio Acerbo, 2019. La ville des enfants: pour une (r)évolution urbaine; traduit de l'italien par Caroline Michel; préface de Thierry Paquot / Marseille: Parenthèses, DL 2019. A cidade das crianças, uma nova forma de pensar a cidade, Portugal. Faktoria K de livros. Tradución de Margarita Periquito e Elisabete Ramos, 2019.

Notas

Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados na provincia de Pesaro e Urbino Categoría:Pedagogos de Italia