Xulia Zdanovska, nada en Kíiv o 4 de maio de 2000 e finada en Estación de Khárkiv o 8 de marzo de 2022, foi unha matemática ucraína asasinada durante a invasión rusa de Ucraína.
Traxectoria Xulia estudou no Liceo de Física e Matemáticas de Ucraína da Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv, logo de ser convidada con 14 anos. Gañou unha medalla de prata na Olimpíada Matemática Feminina Europea de 2017, e posteriormente graduouse en matemáticas e informática na Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv.
Foi voluntaria en Teach for Ukraine.
Morte A súa morte produciuse durante a Batalla de Khárkiv, a causa dun bombardeo. Foi voluntaria na estación de tren de Khárkiv, converténdose na cuarta voluntaria asasinada desde o comezo da invasión. A súa morte foi amplamente comentada na comunidade matemática.
Reaccións O Comité de Mulleres Matemáticas da Unión Matemática Internacional, e a Sociedade Europea de Mulleres Matemáticas lamentaron o asasinato de Xulia. A Sociedade Matemática Brasileira publicou unha nota, e tamén o fixo a Sociedade Matemática de Alemaña. O matemático Medalla Fields Terence Tao escribiu sobre a súa morte. Un programa de bolsas do proxecto MATH PRIMES do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts levará o seu nome en homenaxe a Xulia, chamado Yulia's Dream.
A súa nai escribiu en instagram unha carta aberta, entristecida pola súa morte.
A matemática Maryna Viazovska dedicoulle unhas palabras a Xulia no vídeo autobiográfico tras recibir a Medalla Fields 2022:
Notas
Categoría:Matemáticos de Ucraína Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Kíiv Categoría:Finados en 2022 Categoría:Finados por arma de fogo Categoría:Nados en Kíiv