Lucas Dominique Noubi Ngnokam, nado en Moscroun o 15 de xaneiro de 2005, é un futbolista belga que xoga como defensa no Deportivo da Coruña, da Primeira División.
Traxectoria Naceu na cidade belga de Moscroun, sendo fillo de pais cameruneses. Formouse como futbolista nas canteiras do Royal Excel Mouscron, club da súa cidade natal no que xogaba como dianteiro, e do Standard de Liège, ao que chegou en 2015, con 10 anos de idade.
Despois de sete anos nas categorías inferiores, o 13 de marzo de 2022 debutou co primeiro equipo do Liège na Pro League da man do adestrador Luka Elsner, saíndo como titular nun derbi contra o RFC Seraing. Durante as seguintes dúas campañas foi gañando experiencia co primeiro equipo, ao que subiu definitivamente na tempada 2024/25. Con todo, a súa negativa a renovar o seu contrato fixo que fose afastado do equipo, polo que acabou xogando de novo co filial por petición propia para manter o ritmo.
O primeiro día de xullo de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Segunda División. Comezou a tempada sen apenas protagonismo, pero co paso das xornadas foise asentando nas aliñacións de Antonio Hidalgo ao tempo que o seu rendemento aumentaba notablemente, especialmente a partir de xaneiro. Acabou sendo un titular indiscutible na zaga do equipo, que culminou a campaña co ascenso á Primeira División.
Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2026/27 contra o Elche en Riazor, formando no centro da zaga titular xunto ao polaco Bright Ede.
Selección nacional Foi internacional coas seleccións sub-15, sub-17, sub-18, sub-19 e sub-21 de Bélxica.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de play-offs da Jupiler Pro League.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesStandard de Liège2021/22Jupiler Pro200000202022/23Jupiler Pro14010301802023/24Jupiler Pro13010902302024/25Jupiler Pro20000020Total club31020120450Deportivo da Coruña2025/26Segunda28140 - -321Total carreira 59 1 6012 0 771
Notas
Categoría:Nados en Mouscron Categoría:Nados en 2005 Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Standard de Liège Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña