miniatura|Unha muller dando a luz nunha cadeira para parir, obra de Eucharius Rößlin. A enfermaría obstétrico-xinecolóxica é unha especialidade da enfermaría dedicada a prestar coidados de enfermaría ás mulleres en todas as etapas da vida, abarcando o aspecto reprodutivo, especialmente durante o embarazo, parto e puerperio, tamén abrangue outros aspectos como a sexualidade, os anticonceptivos ou a menopausa.

En España En España, unha enfermeira obstétrico-xinecolóxica é recoñecida de maneira excepcional pola Confederación Internacional de Matronas (ICM) como un tipo de matrona (matrón).

A Confederación Internacional de Matronas definiu á matrona do seguinte xeito: “Unha matrona é unha persoa que, sendo admitida para seguir un programa educativo de obstetricia, debidamente recoñecido polo Estado, terminou con éxito o ciclo de estudos prescritos en obstetricia e obtivo as cualificacións necesarias que lle permitan inscribirse nos centros oficiais ou exercer legalmente a práctica da obstetricia” (unha definición que tamén foi adoptada pola OMS e a Federación Internacional de Xinecoloxía e Obstetricia).

Notas

Véxase tamén Enfermaría Obstetricia Xinecoloxía

Bibliografía

Outros artigos enfermaría pediátrica enfermaría do traballo diagnóstico enfermeiro enfermaría de saúde mental coidados paliativos

Categoría:Obstetricia e xinecoloxía Categoría:Enfermaría