Wallace e Gromit: Polos pelos (en ) é unha curtametraxe británica dirixida por Nick Park e producida por Aardman Animations, estreada en 1995. É o terceiro título de Wallace e Gromit, logo de Wallace e Gromit: A aventura espacial (1989) e Wallace e Gromit: Os pantalóns trabucados (1993). No filme, Wallace (Peter Sallis) e Gromit frustran unha operación de roubo de ovellas dirixida por un sinistro can, Preston. Anne Reid tamén presta a súa voz como Wendoline Ramsbottom.
Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 68ª edición dos premios.
Estreouse en galego en liña o 31 de decembro de 2025 na plataforma do Xabarín Club.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos Nick Park Categoría:Filmes ambientados en 1995 Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Xabarín Club Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego