O pobo yaneshaʼ ou amuesha é un pobo indíxena que habita na selva tropical amazónica do Perú. Segundo o censo de 2000 a súa poboación ascende a 10.000 persoas repartidas en 48 comunidades que se atopan nas provincias de Puerto Inca (Huánuco), Chanchamayo (Junín) e Oxapampa (Pasco), en arredor de 35 comunidades nativas asentadas en La Merced, San Luis de Shuaro, Sogorno, Oxapampa, Villa Rica, Palcazú e arredor do Parque Nacional Yanachaga-Chemillén. Constitúen o 2,91% dos habitantes indíxenas censado na Amazonía do Perú. As súas comunidades están situadas, nun rango de altitude que vai dos 200 aos 1600 metros sobre o nivel do mar, ás beiras dos ríos Pichis, Palcazu, Pachitea, Huancabamba, Cacazú, Chorobamba, Yurinaqui, entre outros.
Nome Os yaneshaʼ tamén son coñecidos como amage, amagues, amaje, amajo, amoishe, amueixa, amuese, amuesha, amuetamo, lorenzo e omage."Yanesha." Ethnologue. Consultado o 4 de febreiro de 2012.
Historia Os yanesha' pertencen ao grupo lingüístico arauaco, que é a segunda meirande familia etnolingüística do Perú, e que tamén integran os asháninka, os yine, os matsiguenga e os nomatsiguenga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Dicionario Yaneshaʼ (Amuesha)—Castelán Gramática do idioma Yanesha' (Amuesha)
Categoría:Pobos indíxenas do Perú Categoría:Grupos étnicos do Perú