Jesús José Reboredo González, nado en Touro cara a 1953, é un funcionario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Funcionario do Concello de Touro. Nas eleccións municipais de 1999 foi candidato do PPdeG á alcaldía de Touro e foi elixido concelleiro, na oposición, se ben renunciou á súa acta pola incompatibilidade desta coa súa praza de funcionario no propio concello.
Xa xubilado, nas eleccións municipais de 2023 encabezou novamente a candidatura do PPdeG que conseguiu impoñerse con 5 concelleiros de 11, se ben non conseguiu a alcaldía logo de que os demais grupos apoiasen ao cabeza de lista de Movemento Veciñal de Touro, Roberto Castro Rocamonde. Logo do abandono do goberno dun concelleiro de Movemento Veciñal, Darío Rey, e do concelleiro do Partido Galego, encabezou unha moción de censura en agosto de 2025 que o fixo alcalde grazas ao apoio do edil non adscrito Darío Rey.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Touro
Categoría:Alcaldes de Touro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Touro Categoría:Nados en 1953