Jesús Santiso Blanco, nado en Touro en 1943 e finado en Loxo (Touro) o 31 de decembro de 2021Esquela, foi un político galego.

Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Unidade Galega en Touro e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega, logrando maioría simple, e foi reelixido alcalde. En maio de 1986 perdeu a alcaldía logo de que os demais grupos da oposición apoiasen unha moción de censura contra el que fixo alcalde ao que fora cabeza de lista do Partido Gallego Independiente, Ramón Diéguez Reboredo.

Porén, nas municipais de 1987 formou parte da candidatura da CPG encabezada polo propio Diéguez Reboredo, a cal obtivo a maioría absoluta, sendo elixido concelleiro. Porén, as súas desavinzas e as doutros concelleiros da candidatura co alcalde levou a que en xaneiro de 1990 apoiasen unha moción de censura que fixo alcalde ao que fora cabeza de lista do CDS, Ignacio Codesido Barreiro. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da Converxencia Nacionalista Galega obtendo tan só unha acta. Permaneceu na oposición ata que, en maio de 1994, apoiou unha nova moción de censura encabezada por Codesido e que desprazou de novo a Diéguez Reboredo da alcaldía, pasando a formar parte do goberno. Ao remata-lo mandato en 1995 retirouse da primeira liña política.

Vida persoal Casou con María del Rosario Tarrío Reboredo e tiveron 1 filla.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Touro

Categoría:Alcaldes de Touro Categoría:Alcaldes de Galicia por UG Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Touro Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes