O pobo onondaga é un pobo indíxena de América do Norte e unha das cinco nacións orixinais dos haudenosaunee (iroqueses). As súas terras de orixe históricas atópanse no actual condado de Onondaga, no estado de Nova York, e arredores del, ao sur do lago Ontario.
Ao estar situados no centro da confederación iroquesa na figurativa casa longa que alberga as Cinco Nacións, son considerados os "Gardiáns do Lume" (Rudes, B. Tuscarora English Dictionary, Toronto: University of Toronto Press, 1999. en tuscarora). Os cayuga e os seneca teñen territorio ao oeste, e os oneida e os mohawk ao leste. Por esta razón, a Liga dos Iroqueses reuníase historicamente na capital do goberno iroqués, Onondaga, como fan hoxe os xefes tradicionais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pobos indíxenas de América Guerras dos Castores
Categoría:Pobos iroqueses Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América