Manuel Fernández Arroyo, nado en Narón o 23 de abril de 2001, e máis coñecido como Manu Fernández, é un futbolista galego que xoga como defensa no Celta de Vigo da Primeira división de fútbol de España.

Traxectoria Nado en Narón, Manu Fernández xogou no Racing de Ferrol e ao Narón BP antes de se incorporar ás categorías xuvenís do RC Celta de Vigo en xullo de 2016.

O 11 de agosto de 2018, Fernández volveu ao Racing coma cedido, sendo membro do seu equipo xuvenil. O 9 de agosto do ano seguinte foi traspasado ao Deportivo Alavés cun contrato de tres anos.

Xa no club babazorro, Manu Fernández militou no Club San Ignacio, equipo que funcionaba coma terceiro filial do Alavés, durante a tempada 2019-20 de Terceira División, pero foi principalmente unha opción de reserva. O 17 de febreiro de 2022, regresou ao Celta para xogar no seu equipo C, o Gran Peña, na Preferente de Galicia.

Despois de ascender co Gran Peña á Terceira Federación, Fernández debutou co equipo RC Celta Fortuna o 2 de setembro de 2023, entrando como substituto de Hugo Álvarez na vitoria na casa por 1-0 ante a SD Tarazona. Posteriormente converteuse en titular habitual do Celta Fortuna, sendo reconvertido en central polo adestrador Claudio Giráldez.

O 18 de xuño de 2025, Fernández renovou o seu contrato co Celta ata 2028, e foi inscrito a todos os efectos no primeiro equipo do Celta.

Vida persoal Manu Férnández é fillo e neto de futbolistas que tamén xogaron no Celta, sendo o primeiro caso no equipo no que avo, pai e fillo tiveran ficha de disputasen minutos no club. O seu pai é Manuel Fernández Anidos, mellor coñecido coma "Manel", e o seu avo foi Fernández Amado, mediocampista que xogou no equipo na década dos 70.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Manuel Fernández Anidos Fernández Amado Gran Peña

Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en 2001 Categoría:Futbolistas de Narón