Martin Hongla Yma II, nado en Yaoundé o 16 de marzo de 1998, é un futbolista camerunés que xoga como centrocampista defensivo ou defensa central no Granada, da Segunda División. É internacional coa selección do Camerún.

Traxectoria Nado en Yaoundé, comezou a xogar ao fútbol na Academia Deportiva Nkufo, do futbolista Blaise Nkufo, ata que no 2016 incorporouse ao Recreativo Granada da Segunda División B de España.

Debutou co filial andaluz o 21 de agosto de 2016, saíndo como titular nun empate 1-1 na casa contra o Atlético Mancha Real. O 28 de xaneiro de 2017 debutou co primeiro equipo do Granada na Primeira División, diante do Villarreal.

Para a tempada 2017/18 ascendeu definitivamente ao equipo principal, xa na Segunda División. Na segunda metade da campaña xogou cedido no FC Barcelona B, da mesma categoría.

En xullo de 2019, tras unha cesión de seis meses no Karpaty Lviv, fichou polo Royal Antwerp FC da Primeira División A belga. O 9 de xullo de 2021 foi cedido ao Hellas Verona, da Serie A italiana.

O 31 de xaneiro de 2023 regresou a España e á súa máxima categoría, despois de aceptar unha cesión de seis meses no Real Valladolid.

O 12 de xaneiro de 2024 regresou ao Granada.

Selección camerunesa Internacional en categorías inferiores, disputou co Camerún o Campionato Africano Sub-17 de 2015, na clasificación para a Copa Africana de Nacións Sub-20 de 2017 e a Copa Africana de Nacións Sub-23 de 2019.

O 16 de novembro de 2020 debutou coa selección absoluta do Camerún, nun partido de clasificación para a Copa de Nacións contra Mozambique. En novembro de 2022 foi convocado por Rigobert Song para disputar o Mundial de 2022 en Qatar.

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Yaoundé Categoría:Futbolistas do Camerún Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Karpaty Lviv Categoría:Xogadores do Royal Antwerp FC Categoría:Xogadores do Hellas Verona FC Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Camerún Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022