miniatura|Ovo de Melanocorypha bimaculata A calandra bimaculada (Melanocorypha bimaculata) é unha ave da familia Alaudidae que se reproduce en países temperados cálidos desde Turquía en dirección leste ata Asia central. É o equivalente oriental do seu parente occidental, a calandra real.

Taxonomía e sistemática

A calandra bimaculada estaba orixinalmente situada no xénero Alauda. O actual nome do xénero, Melanocorypha procede do grego antigo melas, 'negro', e koruphos, un termo usado polos escritores antigos para un paxaro descoñecido, pero que neste caso se confundiu con korudos, 'calandra'. O adxectivo específico bimaculata procede do neolatín bimaculatus, 'con dúas manchas'."Bimaculate". Oxford English Dictionary (Online ed.). Oxford University Press.

Descrición

É unha calandra grande e robusta, de 16–18 cm de lonxitude. É unha especie cuxa presenza no chan é difícil de percibir, cun debuxo principalmente con manchas grises no dorso e branca por debaixo e con dúas pequenas manchas negras nos lados do peito, que lle dan o seu nome. Ten unha sobrecella branca.

En voo mostra as súas ás anchas e curtas, que son marróns agrisadas por debaixo, e unha cola curta con puntas brancas, pero non bordos brancos. Os debuxos da á e da cola serven para distinguila do seu parente máis occidental.

A súa canción é como unha versión máis dura da canción da calandra real.

Distribución e hábitat Vive desde a parte central occidental de Turquía ao sur de Kazakhstán, Kirguizistán, nordés de Irán e norte de Afganistán. Tamén se atopa no norte de Israel, Líbano, oeste de Siria e norte de Iraq. É principalmente migratoria, pasando os invernos no noroeste de África, e desprázase polo Oriente Próximo ata Paquistán, a India e o Tíbet. É unha ave errante rara en Europa occidental.

É unha ave de zonas semidesérticas pedrentas e de cultivos de alta altitude. Fai o niño no chan, poñendo 3 ou 4 ovos. Aliméntase de sementes e insectos, destes últimos especialmente na estación reprodutora. É unha ave gregaria en inverno.

Notas

Categoría:Aláudidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1832