Manuel Paz Paz, nado no Valoiro (San Martiño de Grou, Lobios) o 24 de maio de 1892 e finado no mesmo concello o 14 de xuño de 1965, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra e obtivo o título de mestre superior en 1913.El Diario de Pontevedra, 1-10-1913, p. 2. Foi nomeado mestre propietario da escola do Valoiro en novembro de 1920.La Región, 23-11-1920, p. 3. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo por tres meses a principios de agosto.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Detido o 17 de agosto, ingresou na Prisión Provincial de Ourense. Pasou á prisión de Celanova o 5 de setembro.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 769 No proceso de depuración foi sancionado en maio de 1940 con suspensión de emprego e soldo por dous anos, traslado forzoso dentro da provincia e inhabilitación para cargos directivos e de confianza.La Región, 8-5-1940, p. 4. Foi trasladado á escola de Prado (Vilar de Barrio).La Región, 4-11-1941, p. 2. En 1946 trasladouse á escola unitaria da Illa (Entrimo),El Correo Gallego, 18-5-1946, p. 3. e en 1952 pasou á escola de Santa Comba (Bande).La Región, 13-7-1952, p. 2. Foi nomeado alcalde de Lobeira en marzo de 1959.La Región, 7-3-1959, p. 2. Finou no Valoiro o 14 de xuño de 1965.Necrolóxica en La Región, 4-9-1970, p. 7.

Vida persoal

Casou con Herminia Álvarez García e foi pai de Vicente e Sira Paz Álvarez.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Alcaldes de Lobeira

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Nados en Lobios

Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1965