CapZ, tamén coñecida como CAPZ, CAZ1, CAPPA1 e beta-actinina, é unha proteína de caparuza que cobre o extremo barbado (+) dos filamentos de actina en células musculares.
Estrutura CapZ é unha proteína heterodímera, constituída por unha subunidade α e unha β. As subunidades α e β son similares en estrutura. Cada subunidade está dividida en tres dominios e unha extensión C-terminal compartida.
Función miniatura|Esta imaxe mostra as estruturas de Cap32/34 superpostas a CapZ (en verde).
Estabilización da actina A principal función da CapZ é cubrir o extremo barbado (+) dos filamentos de actina en células musculares. Está localizado na banda Z do sarcómero muscular. Esta proteína axuda a estabilizar os filamentos de actina protexéndoos da ensamblae e desensamblaxe. A regulación da actividade desta proteína poden facela outras proteínas reguladoras que se unen aos filamentos de actina bloqueando a CapZ, o cal permite a ensamblaxe.
Sinalización celular A CapZ xoga un papel na sinalización celular, xa que regula a actividade da proteína quinase C (PKC) en células cardíacas.
Movemento celular
A CapZ xoga un papel no movemento celular (reptación celular) controlando a lonxitude dos microfilamentos. Cando a CapZ é inhibida polos factores reguladores, ocorre a polimerización e despolimerización dos microfilamentos permitindo que crezan e se retraian os lamelipodios e filopodios. Esta polimerización e despolimerización fai que a célula pareza que repta. Cando se une a CapZ, detéñense ambos os procesos.
Regulación A experimentación de músculos de polo indicou que hai certas proteínas e outras moléculas que inhiben a unión de CapZ. Isto inclúe o PIP2 e outros fosfolípidos. Estas moléculas únense á popia CapZ para impedir que se una á actina. Porén, a introdución de certos deterxentes (neste caso Triton X 100) impide a unión destas moléculas á CapZ; permitindo á súa vez que se una aos microfilamentos. A competición polos sitios de unión da actina pode tamén regular a unión de CapZ, como se viu cos factores de elongación dos filamentos. Entre estes factores están ENA/VASP (fosfoproteína activada/estimulada por vasodilatador). A CapZ non está regulada polo calcio ou a calmodulina, como se observou con outras proteínas de caparuza, como a xelsolina.
Importancia clínica
Saúde cardíaca
Unha lixeira redución na proteína CapZ cardíaca protexe o corazón contra as lesións de isquemia-reperfusión agudas.
Xenes Xenes humanos que codifican proteínas capZ:
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
CyMoBase - Base de datos das secuencias de proteínas motoras e citoesueléticas
Categoría:Proteínas de adhesión celular