, nado en Kunming (Yunnan) o 26 de xullo de 1921 e finado en Pequín o 12 de agosto de 2026, foi un enxeñeiro aeroespacial chinés pioneiro en tecnoloxía espacial.
Traxectoria Wang Xiji naceu en 1921 nunha familia de comerciantes. En 1942 graduouse na Universidade Nacional Asociada do Suroeste en enxeñaría mecánica. En 1948 viaxou a Estados Unidos para obter un máster no Instituto Politécnico de Virxinia, regresando ao seu fogar despois da vitoria comunista sen chegar a completar o seu doutoramento. Xa en China traballou como profesor no Instituto Delian de Enxeñaría, na Universidade Shanghai Jiaotong e na Universidade Científica e Técnica de Shanghai. En 1958 estaba preparándose para un intercambio educativo de dous anos con Alemaña cando foi transferido por orde do Comité Municipal do Partido en Shanghai ao Instituto de Deseño Eléctrico e Mecánico de Shanghai como responsable para desenvolver o primeiro foguete sonda chinés, o T-7. Posteriormente foi nomeado vicepresidente do Quinto Directorado e despois director de astronáutica para o Ministerio de Industria. Foi responsable do desenvolvemento do primeiro foguete espacial chinés, o Longa Marcha 1, e das cápsulas recuperables Fanhui Shi Weixing. En 1993 pasou a ser membro da Academia Chinesa de Ciencias.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Academia Chinesa de Ciencias Longa Marcha 1 FSW
Categoría:Enxeñeiros da China Categoría:Nados en 1921
Categoría:Finados en 2026
Categoría:Nados na China