dereita|miniatura|500x500px|Representación gráfica do ADN circulante tumoral no plasma sanguíneo. O ADN circulante tumoral (ADNct ou ctDNA, circulating tumor DNA, polas súas siglas en inglés) é ADN liberado á sangue procedente de células tumorais mediante unha serie de mecanismos que non están enteiramente esclarecidos. A súa cuantificación e caracterización podería axudar no diagnóstico, tratamento e detección de recaídas no cancro, así como para determinar as mutacións características que conteñen. A detección do ADNct en plasma é unha ferramenta emerxente na clínica, ao ser minimamente invasiva empregándose principalmente no campo da oncoloxía para tumores que sexan difíciles de biopsiar ou pacientes nun estado máis crítico. Aínda así, necesítase unha maior validación en ensaios para poder monitorear a evolución do tumor e a adquisición de mecanismos de resistencia ante fármacos (farmacorresistencia). As técnicas xenómicas, como a secuenciación do xenoma completo (WGS (Whole genome sequencing), polas súas siglas en inglés), permiten estudar o ADNct en diferentes casos tendo en conta as características xenéticas de cada cancro.

Técnicas

WGMAF O WGMAF (Whole Genome Mutant Alelle Fractions) avalía os niveis de ADNct a partir dunha biopsia de tumor do paciente, combinada con análise de plasma periódicos. Realízase un WGS para tumores con mínimo 50 mutacións detectables, para poder monitorizar posteriormente os seus fragmentos asociados no torrente sanguíneo.https://medlineplus.gov/spanish/genetica/entender/pruebas/adntumoralcirculante/

Ao xerar unha libraría xenética individualizada para cada paciente pódese monitorizar a resposta a tratamentos quimioterápicos, permitindo distinguir aos pacientes como respondedores (redución da fracción de alelos mutantes en plasma) ou non respondedores (o medicamento de elección está a ser ineficaz e sería recomendable probar con outra alternativa terapéutica).

ARTEMIS-DELFI ARTEMIS-DELFI (Analysis of repeat elements in disease-DNA evaluation of fragments for early interception) permite analizar o fragmentoma do ADNct en plasma, sen necesidade dunha biopsia previa de tumor. Esta tecnica de machine learning permite avaliar cambios na fragmentación do ADNct tras tratamento quimioterápico, segundo a variación do número de copias do fragmentoma. Para isto é necesario realiar unha extracción de plasma previo ao inicio do tratamento. https://medlineplus.gov/spanish/genetica/entender/pruebas/adntumoralcirculante/

Os pacientes pódense separar entre respondedores (scores baixos con pouca variación do número de copias (CNV) en plasma) ou non respondedores (scores altos, alta inestabilidade xenética e variación do número de copias).

ARTEMIS-DELFI pode tamén identificar fast-fails (non respondedores a largo plazo detectados nas primeiras semanas de tratamento) en pacientes tras un só ciclo de quimioterapia (28 días), dirixindo así cara a un cambio de fármaco que si teña efecto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Secuenciación do xenoma completo Biopsia líquida

Categoría:Anatomía patolóxica Categoría:Oncoloxía Categoría:ADN Categoría:Cancro Categoría:Xenética