Xan Carlos Pérez Leira, máis coñecido como Xan Leira, nado en Buenos Aires en 1955, é un cineasta e documentalista galego-arxentino.

Traxectoria Formouse na Arxentina nos anos oitenta e impartiu obradoiros e seminarios sobre o cinema. Leva feito un abondoso traballo sobre a cultura galega, destacando os seus traballos arredor de Castelao (Castelao e os irmáns da liberdade).

Creou a produtora Iberoamericana Films S.A no 1989 e a empresa de produción de contidos Acuarela Comunicacións no 2000. Ten exercido de director, produtor, guionista, ademais de profesor, escritor e editor, todo ao redor do cinema.

En 2025 o Centro Municipal de Arte de Avellaneda (Buenos Aires) acolleu o seu 807/36 Memorias gravadas, 43 estampas de diferentes tamaños, acompañadas dun código qr con relatos audiovisuais.

Filmografía

Arxentina

1983: Realización de publicidade política para a campaña electoral na Arxentina. 1985: Meritorio de produción na longametraxe Ciudad Oculta de Osvaldo Andechaga. 1986: Produción executiva da longametraxe Vivir a los 17 de Luis Sepúlveda. 1988–1990: Preprodución da longametraxe argumental Os Fillos de María.

Documentais e produción en Galicia

Pepe Velo, verbas coma lóstregos (1996). Patagonia, utopía libertaria (1997). Causa aberta ao xenocidio (1998). Castelao e os irmáns da liberdade (2000). Lembranzas de Castelao (curtametraxe, 2001). Neira Vilas. Memorias dun neno labrego (2002). Viceversa, non me chames estranxeiro (2004). Lembranzas de Lorenzo Varela (2005). Ánxel Casal, a luz impresa (2005). Exilios (Lorenzo Varela) (2005). 50º Aniversario do Congreso da Emigración Galega (2006). Lembranzas e reflexións de Lois Tobío (2005). Crónicas de pizarra e xiz (2006). Atila en Galicia (2006). Historias de vida (2006). Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo (2007). Lembranzas e reflexións de Eugenio Granell (2007). Lembranzas e reflexións de Isaac Díaz Pardo (2007). Crónicas da represión lingüística (2008). Galegos en Lisboa, a historia xamais contada (2009). Crónicas da Galiza mártir (2010). Produción de 98 programas de televisión online sobre a situación da lingua galega (2010). Falemos de pedras e lugares (2011). Falemos de literatura (2011). Cuidados das persoas maiores na emigración (2012). Valentín Paz-Andrade. Cen chaves de luz (2012). Os xogos florais da lingua galega (2012). Corisco, el origen (2013). Ramón Valenzuela (2014). Francisco Luis Bernárdez, un discurso porteño encol do idioma galego (2015). Crónicas do Sindicalismo Nacionalista 1972–1982 (2015). Francisco Gil, libreiro Maior de Buenos Aires (2016). Manuel Arís no cinema de emigración (2017). Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras (2018). Bernardino Graña, o home que quixo vivir (2019). Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas (2019). Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas (2020). Bos Aires, capital do libro galego no exilio (2021). A Irmandade Galeguista do Grove (2021). Centenario do Casino de Vilasobroso (2021). A transmisión oral da Historia Local de Catoira (2021). A Xente do Mar de Nigrán; Parque da Memoria (2021). Os Xogos Tradicionais Galegos: os Bolos Celta (2021). Albino Fernández, Centenario (2022). Florencio Delgado Gurriarán, nos vieiros da loita e da saudade (2022). A Resistencia comunista no Grove (2022). O Casino de Vilasobroso, de camiño ao centenario (2022). Buenos Aires, capital do libro galego no exilio (2022). O Barro da vida (2023). O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata (2024). O Consello de Galiza, goberno galego no exilio (2024). Abrente, do ermo á rebeldía (2024). Ángel Lemos. A paixón creativa (2024). Sempre en Galicia, voz e pensamento galeguista na emigración (2025). Castelao, a revolución gráfica en Galicia. O linoleogravado (2025).

Libros

Isto é a Galega (1995). Edicións Xerais de Galicia. 16 páxs. ISBN 84-607-536-1. Manuel Mera, a paixón militantes (2000). Edicións Xerais de Galicia. 296 páxs. ISBN 84-8302-5786-2. Castelao e os irmáns da liberdade (2001). Acuarela Comunicación. 168 páxs. ISBN 84-7507-947-4. Alexandre Bóveda, unha crónica da Galiza Mártir (2005). Acuarela Com. 80 páxs. ISBN 978-84-609-1957-5. Ánxel Casal, a luz impresa (2005). Acuarela Com. 80 páxs. ISBN 84-609-6358-6. De Mar a mar, Lorenzo Varela (2005). Acuarela Com. 80 páxs, DVD. ISBN 9788460944603. Viceversa, non me chames estranxeiro (2005). Acuarela Comunicación. 24 páxs. ISBN 84-609-2325-8. Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo (2006). Acuarela Com. 56 páxs, DVD. ISBN 9788461177011. 50ª Aniversario do iº Congreso da Emigración Galega (2007). Acuarela Com. 56 páxs, DVD. ISBN 9788461140303. Crónicas da represión lingüística (2007). Acuarela Com. 56 páxs, DVD. ISBN 9788461177028. Lembranzas e reflexións de Lois Tobío (2007). Acuarela Com. 56 páxs. ISBN 84-611-4031-x. Lembranzas e reflexións de Isaac Díaz Pardo (2007). Acuarela Com. 56 páxs, DVD. ISBN 9788461176984. Lembranzas e reflexións de Eugenio Granell (2007). Acuarela Com. 56 páxs, DVD. ISBN 9788461176991. Patagonia, utopía libertaria (2007). Acuarela Com. ISBN 978-8461140312. Historia dunha emigración difusa (2008). Acuarela Comunicación. 272 páxs. ISBN 84-612-5982-3. A lingua galega, historia e dereitos lingüísticos (2010). Acuarela Comunicación. 24 páxs. ISBN 84-613-6865-5. Castelao e os irmáns da liberdade (2020). Acuarela Com. ISBN 978-8460757863. Castelao e os vascos (2021). Memoria Doc. de Galicia. 448 páxs. ISBN 84-09-27466-6. Parque na Memoria, Adolfo Pérez Esquivel (2022). Memoria Doc. de Galicia. 64 páxs. Dep. Legal VG 135-2022. Francisco Gil, o libreiro de Borges (2022). Memoria Doc. de Galicia. 184 páxs. ISBN 84-121171-4-2. Francisco Fernández del Riego, lembranzas e reflexións (2023). Memoria Doc. de Galicia. 80 páxs. ISBN 84-121171-5-8. O Barro da vida (2023). Memoria Doc. de Galicia. 80 páxs. VG 118-2023 Abrente cultural (2023). Memoria Doc. de Galicia. 80 páxs. ISBN 84-121171-7-2. Alexandre Bóveda, lume vivo acesa chama (2023). Memoria Doc. de Galicia. 88 páxs. ISBN 84-12758603. Ángel Lemos, unha vida apaixonante (2024). Memoria Doc. de Galicia. 80 páxs. ISBN 84-121171-8-9. Casino de Vilasobroso, Centenario (2024). Memoria Doc. de Galicia. 80 páxs. ISBN 84-121171-9-6. Castelao, a revolución gráfica en Galicia. O linoleogravado (2025). Memoria Doc. de Galicia. 128 páxs. ISBN 9791399001808. Cantigas sociais recollidas do pobo. Xesus Alonso Montero (2025). Memoria Doc. de Galicia. 120 páxs. ISBN 9788412758672. Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro (2025). Memoria Doc. de Galicia. 48 páxs. DL-VG68-2025.

Notas

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Personalidades do cinema de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina