Rafael Álvarez Collazo, nado en Lavadores o 10 de xullo de 1910, foi un mariñeiro, albanel e político galego.
Traxectoria Traballou na construción en Vigo. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e permaneceu en prisión ata xullo de 1937, cando saíu para incorporarse ao exército franquista na fronte de Aragón. Estivo no sector de Villanueva de Huerva e pasou á zona leal. Foi destinado ao Corpo de Carabineiros,Boletín Oficial del Instituto de Carabineros, 24-9-1937, p. 262. prestando servizo na Comandancia de Tarragona durante catro meses e despois na 2ª Compañía da Comandancia.Boletín Oficial del Instituto de Carabineros, 28-2-1938, p. 213. Resultou ferido nunha perna en combate. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia cruzando a fronteira por Port-Bou-Cerbère o 10 de febreiro de 1939. Estivo internado no campo de concentración de Saint Cyprien. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1910
Categoría:Finados en ano descoñecido