Fallout é unha serie estadounidense de drama postapocalíptico creada por Graham Wagner e Geneva Robertson-Dworet para Amazon Prime Video. Baséase na franquía de videoxogos homónima creada por Tim Cain e Leonard Boyarsky. A serie ambiéntase dous séculos despois da Gran Guerra de 2077, no cal a sociedade colapsou logo dun holocausto nuclear. Está protagonizado por Ella Purnell, Aaron Moten, Kyle MacLachlan, Moisés Arias, Xelia Mendes-Jones, Walton Goggins e Frances Turner.
Amazon mercou os dereitos para producir un proxecto de acción en vivo en 2020, e a serie anunciouse en xuño dese ano, con Jonathan Nolan e Lisa Joy de Kilter Films de Bethesda Game Studios na produción. Nolan dirixiu os primeiros tres episocios. O produtor de Bethesda Game Studios Todd Howard, que foi o director de varios xogos da franquía, asinou como produtor executivo xunto a Nolan e Joy. Robertson-Dworet e Wagner foron contratados como showrunners da serie en xaneiro de 2022, e Goggins e Purnell foron escollidos en febreiro e marzo, respectivamente.
Fallout estreouse en Prime Video o 10 de abril de 2024. Recibiu críticas xeralmente positivas, con eloxios polas actuacións (en particular as de Purnell, Moten e Goggins), o guión, os efectos visuais, o deseño de produción e a fidelidade ao material orixinal. Ese mes, a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se estreou o 16 de decembro de 2025. En maio de 2025, antes da estrea da segunda tempada, a serie foi renovada para unha terceira tempada.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Prime Video