O Concello de Vilaxoán existiu formalmente como concello de seu de 1836 a 1913, cando se integrou no de Vilagarcía de Arousa.
Historia e características En 1812 Rubiáns e Sobrán formaron concellos. Coa reforma de 1835 Rubiáns e Sobrán pasaron a integrarse no Concello de Vilagarcía. Logo das protestas, o Concello de Vilaxoán constituiuse o 5 de decembro de 1836 coas parroquias de Sobran, Sobradelo e András, sendo o seu primeiro alcalde José Torrado. O 1 de marzo de 1913 produciuse a fusión dos concellos de Vilagarcía, Vilaxoán e O Carril nun único concello baixo o nome de Vilagarcía de Arousa, con Valeriano Deza como único alcalde.
Véxase tamén Outros artigos Vilagarcía de Arousa Ligazóns externas Concello de Vilaxoán-1836-1913
Vilaxoan Categoría:Vilagarcía de Arousa