Manuel López González, nado en Maside cara a 1906, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

Fillo de Leopoldo López Lois. En xaneiro de 1931 foi elixido secretario do Centro Republicano Autonomista de Maside que presidía José López Lois.El Pueblo Gallego, 25-1-1931, p. 12. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Maside durante a República,El Pueblo Gallego, 3-5-1931, p. 13. e colaborou en La Lucha.La Lucha, 14-11-1931, p. 7-8. Afiliado á UGT, foi presidente do Centro Obrero de Maside.El Pueblo Gallego, 13-1-1933, p. 7.El Pueblo Gallego, 24-7-1935, p. 13. Militante do PSOE, foi o presidente da Agrupación Socialista de Maside.La Lucha, 30-1-1932, p. 7.El Pueblo Gallego, 6-12-1933, p. 11.El Pueblo Gallego, 10-1-1936, p. 11. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e procesado na causa 504/34 de Ourense. Foi elixido vicepresidente da Fronte Popular de Maside en febreiro de 1936,El Pueblo Gallego, 7-2-1936, p. 10. pasando a ocupar a presidencia ao mes seguinte.El Pueblo Gallego, 7-3-1936, p. 13. En xuño de 1936 foi reelixido secretario xeral da Federación Comarcal de Organizacións Obreiras do Partido de Carballiño e Amoeiro.El Pueblo Gallego, 25-6-1936, p. 9.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse nun burato do tellado dunha palleira de Tomás Lama Salgado. Logo dunha confidencia duns veciños, o 24 de agosto de 1937 unha patrulla de soldados e milicianos rexistrou Maside, detiveron a súa noiva Artemia López e outros tres veciños. Como consecuencia da lectura das cartas que Manuel lle enviara a Artemia, deduciron o lugar do seu agocho e foi detido o 27 de agosto. Ingresou na Prisión Provincial de Ourense. Xulgado en consello de guerra en Ourense na causa 1199/37 por rebelión militar o 5 de febreiro de 1938 xunto con Leopoldo López Lois, Luis López González, Tomás Bermello González, Evaristo Carbón, Francisco e Manuel Gómez, Eduardo González Pérez, Tomás Lama Salgado e Celso Martínez, foi condenado a pena de morte; a condena foi conmutada por cadea perpetua o 13 de setembro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941. Conmutada a pena a doce anos, cumpriu condena na Prisión Provincial de Ourense, de onde saíu en liberdade condicional en maio de 1941. Traballou como axente comercial en Maside. En 1942 pasou a traballar como contable en Vigo.

Marchou a Arxentina en 1951 e integrouse na Asociación Hijos del Ayuntamiento de Maside. En 1959 converteuse no director da revista Maside, órgano da asociación.La Región, 19-5-1959, p. 3. En xuño de 1959 foi elixido presidente da asociación.La Región, 6-6-1959, p. 3. Foi xerente da Casa de Galicia de Buenos Aires. Visitou Maside en 1965.La Región, 22-8-1965, p. 22. Vida persoal

Casou con Artemia López. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña Expediente persoal do recluso Manuel López González

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Galegos da Arxentina

Categoría:Exilio galego

Categoría:Nados en Maside

Categoría:Nados en 1906

Categoría:Finados en ano descoñecido