O crente (en ) é un filme dramático estadounidense de 2001 escrito e dirixido por Henry Bean no seu debut como director de longametraxe, baseada nunha historia de Bean e Mark Jacobson. Está protagonizada por Ryan Gosling, Billy Zane, Theresa Russell e Summer Phoenix. Conta a historia de Daniel Balint, un xudeu que se converte nun neonazi. Baséase vagamente na historia real de Dan Burros,Bean, Henry (2002). The Believer: Confronting Jewish Self-Hatred. New York: Thunder's Mouth Press. . un membro do Partido Nazi Estadounidense e dos Klans Unidos de América que morreu por suicidio despois de que un reporteiro de The New York Times revelase que era xudeu.

O crente estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 19 de xaneiro de 2001, onde gañou o Gran Premio do Xurado. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 17 de maio de 2002, conseguindo valoracións positivas da crítica, especialmente referidas á actuación de Gosling. O filme gañou varios premios, incluíndo o San Xurxo de Ouro na 23ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova. Recibiu catro nomeamentos aos Premios Independent Spirit.

Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.

Personaxes

Ryan Gosling como Daniel Balint Jacob Green como Daniel Balint de neno Billy Zane como Curtis Zampf Theresa Russell como Lina Moebius Summer Phoenix como Carla Moebius Ronald Guttman como Mr. Balint Glenn Fitzgerald como Drake Garret Dillahunt como Billings Heather Goldenhersh como Linda A. D. Miles como Guy Danielsen Tommy Nohilly como Whit Henry Bean como Ilio Manzetti Joshua Harto como Kyle Chuck Ardezzone como Chuck Elizabeth Reaser como Miriam Dean Strober como Stuart Frank Winters como Stuart de neno Judah Lazarus como Avi James G. McCaffrey como Avi de neno Sascha Knopf como Cindy Pomerantz Tovah Feldshuh como Woman in Shul Roberto Gari como Ancient Jew Eileen B. Weiss como muller no Yom Kippur

Notas

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego