Luis López González, nado en Maside cara a 1907, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Leopoldo López Lois. Confiteiro e obreiro do ferrocarril. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 20 co seu pai Leopoldo López, e estiveron presos no cárcere de Celanova. Ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 17 de xullo de 1937. O 17 de agosto enrólase no Tercio. Reingresa na Prisión de Ourense o 2 de setembro para o xuízo. Xulgado en consello de guerra en Ourense na causa 1199/37 por rebelión militar o 5 de febreiro de 1938 xunto con Leopoldo López Lois, Manuel López González, Tomás Bermello González, Evaristo Carbón, Francisco e Manuel Gómez, Eduardo González Pérez, Tomás Lama Salgado e Celso Martínez, foi condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. En xullo de 1942 conmútanlle a pena pola de doce anos. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Ourense da que saíu en liberdade condicional en agosto de 1942.BOE, 29-9-1942, p. 7644..
Vida persoal
Casou en 1932 con Blanca Estrella Fernández Pajariño.Vida Gallega, 20-8-1932, p. 44-45. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña Expediente persoal do recluso Luis López González
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Maside Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido