A Mancomunidade Tierra de Campos é unha agrupación voluntaria de concellos para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal, creada por varios concellos na provincia de Zamora, da comunidade autónoma de Castela e León, España.
Ten personalidade xurídica propia, ademais da consideración de entidade local. Engloba unha poboación de case 5.000 habitantes diseminados en diferentes núcleos de poboación da comarca de Tierra de Campos na provincia de Zamora.
Concellos integrados
A mancomunidade de Tierra de Campos está formada polos seguintes concellos:
Cañizo Castroverde de Campos Cerecinos de Campos Cotanes del Monte Prado Quintanilla del Monte Quintanilla del Olmo San Martín de Valderaduey San Miguel del Valle Valdescorriel Vega de Villalobos Villafáfila Villalobos Villalpando Villamayor de Campos Villanueva del Campo Villar de Fallaves Villárdiga
Sede
Os seus órganos de goberno e administración terán a súa sede na localidade de Villalpando. O seu presidente (a data de 2009) é Julio Gómez Fernámdez, alcalde de Villalobos.
Fins
Recollida de lixos e todos aqueles fins e servizos de competencia municipal que estime necesarios de implantar os órganos da Mancomunidade de acordo con os seus Estatutos.
Estrutura orgánica
O goberno, administración e representación da Mancomunidade corresponde aos seguintes órganos: presidente, vicepresidente, consello da mancomunidade e comisión de goberno.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Provincia de Zamora
Ligazóns externas
Mancomunidades da web da Deputación de Zamora
Categoría:Mancomunidades da provincia de Zamora