Diocles (en grego antigo Διοκλῆς, en latín Dĭŏclēs) foi un matemático da antiga Grecia que viviu entre os séculos -III e -II. Traxectoria Aínda que se sabe pouco sobre a vida de Diocles, sábese que foi contemporáneo de Apolonio de Perxe e que viviu entre finais do século -III e principios do século -II.

Escribiu unha obra sobre os espellos ustorios (), unha obra perdida pero amplamente citada por Eutocio, na que falaba, entre outras cousas, do seu método de dividir unha esfera por un plano nun radio determinado.

É coñecido sobre todo por un extracto que Eutocio tamén ofrece sobre o xeito de resolver o problema da curva xerada pola suma dos vectores de posición de dúas curvas dadas, un sistema coñecido como cisoide, un método que posteriormente sería amplamente utilizado polos xeómetras.

Crese que Diocles foi a primeira persoa en demostrar a propiedade focal da parábola. O seu nome está asociado á curva xeométrica chamada cisoide de Díocles, que Díocles empregou para resolver o problema da duplicación do cubo. Proclo aludiu á curva no seu comentario sobre o Libro I dos Elementos de Euclides, dicindo que foi atribuída a Díocles por Xémino de Rodas xa a principios do século I.Eutocio conservou fragmentos da obra de Díocles titulada Sobre os espellos ardentes no seu comentario sobre Sobre a esfera e o cilindro de Arquímedes, unha obra que tamén sobrevive nunha tradución árabe do orixinal grego perdido, titulada Kitāb Dhiyūqlīs fī l-marāyā l-muḥriqa («O libro de Díocles sobre os espellos ardentes»).

Historicamente, este libro tivo unha grande influencia nos matemáticos árabes, especialmente en Ibn al-Haytham, o erudito do século XVI do Cairo, coñecido polos europeos como Alhazen. O tratado contén dezaseis proposicións que se demostran mediante seccións cónicas. Un dos fragmentos contén as proposicións sete e oito, que é unha solución ao problema de dividir unha esfera por un plano de xeito que os dous volumes resultantes estean nunha proporción dada. A proposición dez dá unha solución ao problema da duplicación do cubo (isto é equivalente a resolver unha ecuación cúbica dada). Outro fragmento contén as proposicións once e doce, que usan a cisoide para resolver o problema de atopar dúas proporcionais medias entre dúas magnitudes. Dado que este tratado trata máis temas que só os espellos, pode ser que o libro Sobre os espellos sexa unha colección de tres obras máis curtas de Diocles. Na mesma obra, Diocles, xusto despois de demostrar que o espello parabólico podía enfocar os raios nun só punto, mencionou que é posíbel obter unha lente coa mesma propiedade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades das matemáticas Categoría:Nados no século -III Categoría:Finados no século -II