A batalla de Nautla foi un enfrontamento armado que tivo lugar o 19 de outubro de 1519 entre as forzas españolas comandadas por Juan de Escalante e as forzas totonacas aliadas cos españois contra os mexicas encabezados por Cuauhpopoca, señor de Nautla. Foi a primeira derrota dos españois durante a conquista do Imperio Azteca por Hernán Cortés. A batalla tivo lugar no actual municipio de Nautla, Veracruz, na costa do golfo de México.

Inicios O 22 de abril de 1519, Hernán Cortés estabeleceu unha gornición en Villa Rica de la Vera Cruz, pouco despois comezou o seu avance cara a Tenochtitlán coa maior parte das súas forzas armadas, deixando ao capitán Juan de Escalante como alguacil maior de Villa Rica, ao mando de sesenta soldados.

Cortés realizara alianzas cos totonacas de Cempoala e outras vilas próximas, quen tributaban ao rexedor mexica Cuauhpopoca. De acordo á crónica de Bernal Díaz del Castillo e á crónica de López de Gómara, Malinche, por orde de Cortés, falou cos totonacas convencéndoos de non pagar máis tributo, polo que axiña Cuauhpopoca ameazou con destruír as poboacións totonacas.

Os totonacas acudiron ao capitán Juan de Escalante para pedir axuda, quen recibira previas instrucións de Cortés para apoialos. Escalante ordenou prender os recadadores mexicas, e desta forma comezaron as hostilidades.

Batalla Entre dous mil a dez mil totonacas e entre corenta e cincuenta soldados españois enfrontáronse nunha batalla contra os mexicas nas chairas de Nautla, entre os ríos Nautla e Misantla. Porén, os mexicas comezaron a dobregar os totonacas quen preferiron abandonar os conquistadores españois. Escalante comezou a retirada até Nautla lugar que en represalia incendiaron, pero el e outros seis soldados foron gravemente feridos. Puideron chegar até Villa Rica, pero os sete morreron tres días máis tarde por mor das feridas.

As forzas de Cuauhpopoca lograron capturar vivo a Juan de Argüello natural de León, quen foi decapitado. Cuauhpopoca enviou a Tenochtitlán un comité coa cabeza de Argüello para mostrar a Mocteczuma a vulnerabilidade dos españois. Porén, o emperador arrepiouse ao ver a cabeza e ordenou non ofrecela en sacrificio a ningún dos seus deuses.De acordo coa versión do crónista Bernal Díaz del Castillo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:1519 Categoría:Batallas do Imperio Azteca Categoría:Batallas de España Categoría:Batallas da conquista do Imperio Azteca