Medio dólar doCentenario Territorial de Wisconsin "Wisconsin Territorial Centennial Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov).."1936 Wisconsin Territorial Centennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Wisconsin Territorial Centennial". Numista.com"1936 Wisconsin Territorial Centennial Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org).150x150px150x150pxA/: Brazo que sostén un pico e un pequeno montículo de mineral de chumbo, unha imaxe adaptada do Selo Territorial de Wisconsin. Data. Lendas: WISCONSIN TERRITORIAL CENTENNIAL / 4th DAY OF JULY / ANNO DOMINI / 1836R/: Un teixugo sobre un tronco, con tres frechas e unha póla de oliveira atrás en posición vertical. Marca do gravador (H). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / IN GOD WE TRUST / LIBERTY / HALF DOLLAR. Data: 1936. Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Deseño: David Goode Parsons e Benjamin Hawkins Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 25.015 exemplares (15 para a Comisión de Ensaio). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar do Centenario Territorial de Wisconsin é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con data de 1936. A moeda foi emitida en conmemoración do centenario do establecemento do Goberno Territorial de Wisconsin.

A moeda, deseñada por David Parsons e Benjamin Hawkins, representa no seu anverso un pico e unha morea de mineral de chumbo, en referencia á extracción deste metal no primitivo Wisconsin, en tanto que o reverso reproduce a figura dun teixugo sobre un tronco.

Os organizadores da celebración do centenario territorial solicitaron a emisión dun medio dólar conmemorativo como xeito de recadar fondos cos que sufragar os eventos, unha práctica moi utilizada naquela época noutras celebracións conmemorativas. Logo da aprobación da lei que autorizou a emisión, en xullo de 1936 cuñáronse 25.000 exemplares para a súa venda ao público, e a Wisconsin Historical Society foi a encargada da súa comercialización, ata a fin das existencias a finais da década de 1950.

Antecedentes e contexto

O feito conmemorado Antes da súa admisión como un Estado da Unión en 1848, Wisconsin tiña a consideración de "territorio". Unha gran parte do Territorio de Wisconsin formara parte previamente do Territorio do Noroeste, cedido por Gran Bretaña en 1783 como parte do Tratado de París. A zona pasou daquela a formar parte do Territorio de Míchigan e gañou importancia durante a década de 1820, cando se descubriron grandes depósitos de chumbo —conmemorados no anverso da moeda— no suroeste de Wisconsin."Wisconsin Centennial Half Dollar". Coinsite.com Moitos destes primeiros mineiros escolleron vivir nos seus pozos no canto de construíren as súas casas á parte, o que levou a que os habitantes de Wisconsin, en xeral, recibisen o alcume de "toupiñas".Bair, B. (2021). Páxina 41.miniatura|Mapa do Territorio de Wisconsin (1839).|390x390px Á medida que se foron asentando na zona máis habitantes estadounidenses, esta gañou suficiente importancia como para se converterse nun territorio independente en 1836. O seu primeiro gobernador, Henry Dodge, xurou o cargo o 4 de xullo dese ano. O contexto das emisións conmemorativas en 1936 Impulsado por novas emisións con baixas tiraxes cuxa demanda era maior que a oferta, o mercado de moedas conmemorativas dos Estados Unidos disparouse en 1936. Ata 1954, o Goberno vendíalle toda a tiraxe destas emisións polo seu valor nominal a unha entidade sen ánimo de lucro autorizada polo Congreso, que logo intentaba comercializalas cunha marxe de beneficio coa que sufragar diversas actividades conmemorativas e sociais. Esta abundancia de emisións garantía uns beneficios aparentemente sinxelos e seguros, que se podían obter simplemente mercando e gardando as moedas conmemorativas, e isto motivou que moitas persoas comezasen as súas coleccións deste tipo de moedas.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 62-63.

Esta sobreabundancia de emisións conmemorativas, que chegou ao seu punto máximo en 1936, e que en ocasións chegaban a conmemorar efemérides inexistentes e de carácter puramente local, provocou unha forte especulación no mercado numismático,Yeoman, R. S. (2020). Páxinas 1.068-1.077.Swiatek, A. (2012) Páxina 304. o que levou o Congreso, xa en abril dese ano, a reaccionar engadindo medidas de protección nos proxectos de lei polos que se autorizaban tales emisións.Flynn, K. (2008). Páxina 116. E o mercado tamén reaccionou, xa que moitas das novas emisións non se esgotaron e os prezos no mercado secundario comezaron a caer ata dous terzos do prezo inicial. Así as cousas, a finais de 1936, o boom das moedas conmemorativas estadounidenses chegou á súa fin.

Neste contexto, e para axudar a financiar varias das actividades previstas nas celebracións do Centenario de Wisconsin ese ano, a Comisión do Centenario de Wisconsin, constituída para o efecto, nomeou un Comité de Moeda para solicitar a emisión de moedas conmemorativas de medio dólar.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 401. Este comité formárase xa en febreiro de 1935, en parte debido ás suxestións feitas polo Madison Coin Club.Bair, B. (2021). Páxina 42. Como 1936 foi o ano de maior apoxeo das moedas conmemorativas, non se tivo en conta o feito de que un centenario territorial non tivese a relevancia necesaria a nivel nacional como para merecer unha emisión conmemorativa da Casa da Moeda dos Estados Unidos. En palabras do autor numismático Q. David Bowers, "o establecemento do Goberno territorial foi un acontecemento bastante escuro para conmemorar cunha moeda de distribución nacional". Pola súa banda, o numismático Bob Bair considerou en 2021 o Centenario de Wisconsin como "un dos moitos eventos de interese estritamente local nas décadas de 1920 e de de 1930 que, coa axuda do Congreso e da Casa da Moeda, botaron man da cuñaxe conmemorativa para aumentaren os seus ingresos".Bair, B. (2021). Páxina 45.

Proceso lexislativo Senado O membro do Comité de Moeda da Comisión do Centenario Fred W. Harris fixo que un dos senadores de Wisconsin, Robert M. La Follette Jr., se vise persuadido pola idea de acadar a emisión da moeda conmemorativa, e o 30 de xaneiro de 1936 presentou no Senado dos Estados Unidos un proxecto de lei que procuraba a súa autorización. Logo, a proposta foi remitida á Comisión de Banca e Moeda desa cámara,"Bills and Joint Resolution Introduced". En Congressional Record - Senate. 30 de xaneiro de 1936. Páxina 1.194. e alí pasou a formar parte dun conxunto de proxectos de lei para a emisión de moedas conmemorativas, que foron tomados en consideración de xeito conxunto o 11 de marzo dese mesmo ano, por unha subcomisión dirixida polo senador Alva B. Adams, de Colorado.USSCBC (1936-a-). Portada e páxinas 1-2.

O senador Adams xa tiña coñecemento dos abusos que se estaban a producir coas moedas conmemorativas a mediados da década de 1930, favorecidos polo feito de que a lexislación que autorizaba estas emisións non establecía prohibición ningunha ao respecto.USSCBC (1936-a-). Páxinas 11-12. Así as cousas, Lyman W. Hoffecker, un comerciante de moedas de Texas e membro directivo da American Numismatic Association, prestou declaración ante a subcomisión e dixo que algunhas emisións, como fora o caso do medio dólar conmemorativo do Oregon Trail, se emitira con varias datas e con varias marcas de ceca, coa intención de que existisen variedades da mesma moeda que os coleccionistas se visen na obriga de adquirir. Tamén expuxo que outras emisións foran mercadas na súa totalidade por un só comerciante, no canto de seren distribuídas entre a poboación e os coleccionistas, o que favorecía a especulación. As moitas variedades e os prezos inflados dalgunhas emisións resultantes destas prácticas amolaron os coleccionistas de moedas, que intentaban manter as súas coleccións ao día.USSCBC (1936-a-). Páxinas 18-23.

O proxecto de lei de Wisconsin saíu da comisión o 26 de marzo de 1936 cun informe redactado por Adams. Na súa redacción orixinal, o proxecto permitiría que a entidade á que se lle fose encomendar a comercialización da moeda fose a que decidise a súa tiraxe, así como en cantas cecas da US Mint se producirían. Mais logo das emendas aprobadas no Senado, pasouse a esixir que se cuñasen nunha soa ceca, todas amosando a mesma data e dentro do período dun ano desde a súa aprobación, e cunha cantidade mínima de 5.000 pezas cada vez.USSCBC (1936-b-). Páxina 1. O Senado aprobou o proxecto de lei o 27 de marzo de 1936, o cuarto dos seis proxectos de lei de moedas conmemorativas considerados nesa xornada, todos eles aprobados sen debate nin discrepancias."Commemoration of One Hundredth Anniversary of Statehood of Wisconsin". En Congressional Record - Senate. 27 de marzo de 1936. Páxinas 4.489-4.490.Os outros medios dólares aprobados en conxunto foron os seguintes: Tricentenario de Delaware, Centenario de Bridgeport, Centenario de Cleveland, 250º Aniversario de New Rochelle e Tricentenario de Rhode Island.

Cámara de Representantes A continuación, o proxecto de lei pasou á Cámara de Representantes, e alí foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas. O 16 de abril de 1936, esa comisión presentou un informe a través de Andrew Somers, de Nova York, no que se recomendaba a súa aprobación, logo de ser emendado para aumentar o número mínimo de pezas cuñadas cada vez de 5.000 a 25.000, co que se fixaba unha tiraxe mínima total de 25.000 exemplares.USHRCCWM (1936). Páxina 1. A Cámara de Representantes aprobou o proxecto de lei, coas emendas da comisión e sen debate nin discrepancias, o 28 de abril de 1936."Fifty-Cent Pieces in Commemoration of One Hundredth Anniversary of the Establishment of the Territorial Government of Wisconsin". En Congressional Record - House. 28 de abril de 1936. Páxinas 6.314-6.314.

Aprobación da lei Como as dúas cámaras non aprobaran versións idénticas, cumpriu devolver o proxecto de lei ao Senado. O 4 de maio, Adams propuxo que o Senado aceptase a emenda introducida na Cámara de Representantes, e así se fixo."One Hundredth Anniversary of the Establishment of Territorial Government of Wisconsin". En Congressional Record - House. 4 de maio de 1936. Páxinas 6.611. Xa que logo, finalmente o proxecto converteuse en lei coa sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt o 15 de maio de 1936, autorizando non menos de 25.000 moedas de medio dólar de Wisconsin de curso legal. Segundo os termos desta lei, non había un límite máximo no número de moedas que se poderían cuñar, sempre que se emitisen en lotes de non menos de 25.000 moedas, que fosen dun único deseño amosando a data de 1936 e que o Goberno as emitise antes do 15 de maio de 1937, un ano a partir da aprobación do proxecto de lei.Pub. L. 74–399."Wisconsin Centennial Coin Act". United States Mint (Usmint.gov).

Preparación