miniatura|"Lieders". Lieders é un artigo de Rosalía de Castro considerado como o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia. Foi publicado por primeira vez no ano 1858 en Vigo na colección El Album de El Miño. Este texto en castelán é unha declaración de liberdade como creadora e un reclamo da liberdade negada ás mulleres.

En 2025, co gallo da celebración do Día de Rosalía, publicouse unha edición do manifesto en lingua galega, con tradución de Iria Taibo e limiar de Pilar García Negro.

Título O título "Lieders" ven da palabra en alemán Lied que significa "canto" ou "poema lírico". Este título é unha reivindicación do canto e das formas poéticas populares e tamén á obra dos románticos alemáns e en especial de Heine. Por este vínculo coa cultura popular e a música, a pesar de ser un texto en prosa lírica, tivo forte éxito dentro do Romanticismo.

Temas Dende o comezo do texto: "Oh, no quiero ceñirme a las reglas del arte!" reclama unha liberdade como creadora e unha rebeldía fronte a calquera norma no terreo artístico. Esta defensa deriva nunha proclamación xeral de liberdade como persoa e a liberdade negada ás mulleres e a presión social que as culpabiliza.

Distínguense dous temas principais: a defensa da liberdade artística e persoal e a liberdade negada ás mulleres e a presión social que as culpabiliza. Nos dous últimos parágrafos céntrase nas trampas das relacións sexuais e sentimentais denunciando a manipulación psicolóxica das mulleres polos homes e polas normas dunha sociedade patriarcal que as culpa e condénaas por faltas que non son súas. Segundo Catherine Davies, a escritora revélase fronte a unha sociedade dominada polos homes e denuncia o uso do sexo como instrumento de degradación. O último fragmento do texto desenvolve o sufrimento psicolóxico que experimentan as mulleres que teñen que loitar contra as dores punzantes que lles provoca o feito de ter remorsos. Estes remorsos supoñen unha debilidade para a muller, xa que non teñen motivo e son provocados por comportamentos totalmente lexítimos, por moito que a sociedade a condene para ter o control sobre as mulleres.

Notas

Categoría:Obras literarias de Rosalía de Castro

Categoría:Obras literarias de 1858 Categoría:Obras literarias en castelán