miniatura|Sede . A Academia de Ciencias de California (en inglés: California Academy of Sciences) é un instituto de investigación e un museo de historia natural de San Francisco, California, que está entre os maiores museos de historia natural do mundo e alberga uns 46 millóns de espécimes. A academia empezou a funcionar en 1853 como unha sociedade ilustrada e aínda leva a cabo unha gran cantidade de investigacións orixinais. A institución ten a súa sede no parque Golden Gate no West Side de San Francisco.

A súa sede foi completamente reconstruída en 2008, o principal edificio da Academia no parque Golden Gate ocupa unha área de 37.000 m2. A inicios de 2020, antes da pandemia da COVID-19, a Academia de Ciencias de California tiña uns 500 empregados e un orzamento anual duns 33 millóns de dólares. A institución tivo 1,34 millóns de visitantes en 2016.

Goberno A Academia de Ciencias de California, o museo en funcionamento máis antigo de California e institución de investigación sobre ciencias naturais, está gobernado por unha xunta directiva de 41 membros que son nomeados e elixidos polos Membros da Academia de Ciencias de California. Os Membros da Academia son, á súa vez, "propostos polos seus colegas e designados pola Xunta Directiva...os Membros permanecen como membros da Comunidade para toda a vida."Fellows of the California Academy of Sciences . A xunta directiva é despois responsable de designar os directores executivos da Academia, que, á súa vez, son responsables de supervisar o funcionamento global da Academia e a contratación dos outros directores e empregados.

Instituto das Ciencias da Biodiversidade e a Sustentabilidade (IBSS) Ademais da súa función como fonte de educación científica pública polo seu museo, a Academia tamén dirixe o Instituto das Ciencias de Biodiversidade e Sustentabilidade (Institute for Biodiversity Science and Sustainability, IBSS) como a súa rama de investigación, realizando investigacións nos campos da taxonomía, filoxenética e estudos sobre biodiversidade. Aínda que algúns aspectos das coleccións do IBSS e da súa investigación están dispoñibles para que os poidan ver os patrocinadores do museo na exposición "Marabillas Escondidas", a maioría da investigación ocorre en laboratorios e instalacións, "detrás da escena", e non é presenciable polo públicohttps://www.calacademy.org/exhibits/hidden-wonders-inside-the-academys-collections. De feito, as instalacións de investigación e administrativas ocupan case o 50 % da estrutura física da Academia.

Exposicións miniatura|O cristal semiesférico da bóveda de 27 m de diámetro que cobre a exposición sobre a selva. miniatura|upright|Vista do bosque asolagado amazónico na exposición da selva. Os peixes arapaima, arowana, siluros, pacús, cíclidos e outras especies poden verse a través dun túnel acrílico mergullado. O tema principal das exposicións é a historia natural. Os recintos do museo inclúen os seguintes: Museo Kimball de Historia Natural, que xeralmente comprende todo o museo fóra do planetario, selva e acuario e inclúe A Sala de África (a exposición de maior duración da Academia), a Ala Leste (onde etá o péndulo de Foucault, tamén un remanente da exposición máis vella, anterior á renovación de 2008 da Academia), a Ala Oeste (que en 2020 albergou varias exposicións xeofísicas), así como varias exposicións máis pequenas distribuídas nos restantes edificios da Academia. Planetario Morrison, que contén unha bóveda cun planetario controlado dixitalmente que mide 27 m de diámetro e 23 m de diámetro de pantalla. Selvas do Mundo, que é unha exposición de selvas dentro dunha bóveda de cristal de 27 m. Acuario Steinhart, que expón hábitats de arrecifes de coral, pozas de marea e pantanos. Un raro aligátor americano albino chamado Claude|miniatura miniatura|Un pitón reticulado chamado Lemondrop. miniatura|Unha das exposicións pequenas de coral no acuario. Hábitat do Pingüín, que presenta unha colonia de pingüíns africanos (Spheniscus demersus).

Ademais dos seus programas museísticos, a Academia ofrece moitos programas educativos e de compromiso coa comunidade para o público en xeral.

Investigacións Os científicos da Academia, pertencentes ao Instituto para as Ciencias da Biodiveridade e Sustentabilidade, realizan investigacións en sistemátca e conservación en varios campos, como a antropoloxía, bioloxía mariña, botánica, entomoloxía, herpetoloxía, ictioloxía, zooloxía de invertebrados, mamaloxía, ornitoloxía, xeoloxía e paleontoloxía. Préstase moita atención tamén ás temáticas ambientais, e todos os diversos departamentos colaboran estreitamente para centrarse na bioloxía sistemática e a biodiversidade. Os investigadores da Academia estudan a vida por todo o mundo: unha expedición de 2011 ás Filipinas descubriu unhas 300 especies novas para a ciencia. A Academia publica o xornal revisado por pares Proceedings of the California Academy of Sciences, así como Occasional Papers, Memoirs e Special Publications.

Historia Primeiros anos A Academia de Ciencias Naturais de California fundouse con ese nome en 1853, só tres anos despois de que California se unise como estado aos Estados Unidos, sendo a primeira sociedade dese tipo no oeste dos Estados Unidos. O seu obxectivo declarado era levar a cabo "un completo exame sistemático de todas as partes do Estado e a recolección dun gabinete das súas raras e ricas producións." Foi renomeada como Academia de Ciencias de California en 1868.

A Academia tiña unha visión progresisa sobre a muller na ciencia, e aprobou unha resolución no seu primeiro ano dicindo que os membros "decididamente aproben a axuda de femias en cada departamento de ciencias naturais e as inviten a cooperar." Esta política fixo que se contratasen varias mulleres en postos profesionais como botánicas, entomólogas e outras ocupacións durante o século XIX, cando as oportunidades que tiñan as mulleres en ciencia eran limitadas, e a miúdo, as que existían estaban restrinxidas a traballos de catalogación non especializados e de cálculo. En 1892, a Academia contratou a Alice Eastwood, unha botánica, que traballou alí ata que se retirou en 1949. Foi ela quen salvou a colección de espécimes tipo de plantas da Academia cando foi destruída polo terremoto de San Francico de 1906, e que reconstruíu os outros espécimes de herbario dos que se perderan 300.000.

O primeiro museo oficial da Aademia abriu en 1874 na esquina das rúas California e Dupont (agora avenida Grant) no que agora é Chinatown, e chegou a ter uns 80.000 visitantes ao ano. Para facer fronte a esta popularidade cada vez maior, a academia trasladouse a un edificio novo e máis grande na rúa Market en 1891, financiado co legado de James Lick, un magnate inmobiliario, empresario e filántropo do San Francisco do século XIX.

Porén, só 15 anos despois, o edificio da rúa Market caeu vítima do terremoto de San Francisco de 1906 e os tres días de incendios que o seguiron, que acabaron con case todo. Na gran destrución acontecida como resultado do terremoto, os curadores e empregados da Academia só conseguiron recuperar unha soa carreta de materiais, con libros de actas, rexistros de membros e 2.000 espécimes tipo. Naquel momento, a expedición de recolección científica ás illas Galápagos de 1905–1906 (a primeira de varias patrocinadas pola Academia ao arquipélago) xa estaba en camiño, e tornou sete meses despois, proporcionando coleccións para substituír as que se perderan.

Sede do parque Golden Gate En 1916 a Acdemia trasladouse á Sala de América do Norte de Aves e Mamíferos no parque Golden Gate, o primeiro edificio nese lugar que se ía converter na sede permanente. En 1923 engadiuse o Acuario Steinhart, seguido en 1934 da Sala Africana Simson.

Durante a segunda guerra mundial, a Academia contribuíu aos esforzos de guerra estadounidenses co uso da súas instalacións de obradoiros para reparar equipos ópticos e de navegación para barcos da Mariña dos Estados Unidos; San Francisco foi un porto importante na Guerra do Pacífico.

Os anos da posguerra viron unha ondada de novas construcións neste lugar; engadiuse a Sala de Ciencias en 1951, seguida do planetario Morrison en 1952. O planetario Morrison foi o sétimo maior planetario que e abriu nos Estados Unidos e tiña un proxector de estrelas único na súa clase, construído polos membros do equipo da Academia (en parte usando a experiencia adquirida facendo os traballos ópticos para a Mariña durante a segunda guerra mundial). O proxector da Academia proxectaba estrelas de forma irregulares, en vez das estrelas circulares típicas da maioría dos proxectores de estrelas ópticos. As formas irregulares creábanse situando grans de varios tamaños de carburo de silicio sobre as placas de estrelas de cristal a man, despois aluminizábanse as placas e limpábanse eliminando os grans de carburo de silicio.

En 1959 adicionáronse a Biblioteca Malliard, a Sala Eastwood de Botánica, e a Habitación Livermore. Ao longo da década de 1960, as universidades concentáronse no novo campo da bioloxía molecular desfacéndose das súas propias coleccións de espécimes tradicionais e confiándoas á Academia, o que orixinou un rápido crecemento do material almacenado da Academia.

En 1969, engadiuse ao sitio outro novo edificio, a Sala Cowell. En 1976, abríronse varias galerías novas e no ano seguinte construírse a "rotonda dos peixes".

Antes de que o vello edificio fose derrubado en 2005, había unha galería de Vida a través do tempo, que acubillaba unha gran mostra de evolución e paleontoloxía. Había unhs Sala de Xemas e Minerais, unha sección sobre terremotos e a exposición Gary Larson.

Danos por terremoto e novo edificio miniatura|A Academia de Ciencias en 2003, dous anos antes de que empezase a reconstrución. Os edificios da Academia resultaron danados significativamente polo terremoto de Loma Prieta de 1989. Seguidamente, o edificio do Bird Hall foi pechado por razóns de seguirdade. O acuario Steinhart, que tiña unha enxeñaría inapropiada, tamén sufriu danos sísmicos graves por este terremoto.

A medida que se facían plans para reparar o dano e facer o edificio sismicamente estable, quedou claro que sería preciso moito traballo e diñeiro para facer que o edificio cumprise os estándares modernos. Isto favoreceu a idea de que era mellor realizar unha completa renovación da Academia, o que motivou o peche da sede principal e a construción dunha nova.

A construción dun novo edificio de 500 millóns de dólares empezou o 12 de setembro de 2005, mentres que as exposicións foron trasladadas á rúa Howard 875 para facer alí un museo temporal.

A Academia reabriu o 27 de setembro de 2008. Durante a maior parte do día, a fila para a entrada era de case 2 km, e, aínda que se admitiron 15.000 persoas, varios centos máis non puideron entrar.

En maio de 2020, durante a pandemia de COVID-19, a Academia anunciou que despediría a 105 dos seu 504 empregados de entón, despediría temporalmente outros 96 e aprobou recortes de soldo en parte do resto. Debido aos efectos do confinamento da COVID-19 na venda de entradas, a organización esperaba que os seus ingresos diminuísen nuns 12 millóns de dólares (36 %) no seguinte ano fiscal.

Deseño ambiental do novo edificio miniatura|A praza detrás da entrada principal está inundada de luz natural.

O arquitecto que deseñou o proxecto para o novo museo foi Renzo Piano. O seu deseño foi galardoado co Premio á Excelencia do Urban Land Institute (ULI) para a rexión das Américas en 2008, así como o premio Holcim Silver para os proxectos de construción sustentables na rexión de América do Norte en 2005. Un crítico alabou o edificio como un "abrazo abrasadoramente sincero aos valores da Ilustración de verdade e razón", e un "recordatorio confortante da función civilizadora da grande arte nunha idade de bárbaros".