O Tratado de Fort Laramie (tamén chamado Tratado Síux de 1868) é un acordo entre os Estados Unidos e as tribos oglala, miniconjou e brulé dos pobos lakota, dakota e arapaho. O primeiro primeiro tratado de Fort Laramie, asinado en 1851, fora un rotundo fracaso. O goberno dos Estados Unidos violouno case de inmediato, e os mineiros e colonos estadounidenses emigraron a territorio indio. O exército dos Estados Unidos rachou aínda máis o tratado de 1851 cando iniciou unha invasión armada que resultou no masacre de Grattan en 1854, que desatou a primeira guerra síux. Así pois, iniciáronse as negociacións do tratado de 1868 para substituír o tratado de 1851, que demostrara ser totalmente ineficaz.

O tratado está dividido en 17 artigos. Estabeleceu a Gran Reserva Síux, incluíndo a propiedade das Black Hills, e reservou terras adicionais como "territorio indio non cedido" nas zonas de Dacota do Sur, Wyoming, Nebraska e posiblemente Montana. Estabeleceu que o goberno dos Estados Unidos tería autoridade para castigar non só os colonos brancos que cometesen crimes contra as tribos, senón tamén os membros da tribo que cometesen crimes e debían ser entregados ao goberno, no canto de enfrontarse a cargos en tribunais tribais. Estipulaba que o goberno abandonaría os fortes ao longo da ruta Bozeman e incluía unha serie de disposicións deseñadas para fomentar unha transición á agricultura e achegar as tribos "máis preto do xeito de vida do home branco". O tratado protexía dereitos específicos de terceiros que non participaban nas negociacións e puxo fin á guerra de Nube Vermella. Esa disposición non incluía ao pobo ponca, que non eran parte no tratado e, polo tanto, non tiveron oportunidade de obxectar cando os negociadores estadounidenses do tratado racharon "inadvertidamente" un tratado separado cos ponca ao vender ilegalmente a totalidade da reserva india Ponca aos lakota, de conformidade co artigo II deste tratado. Os Estados Unidos nunca interviñeron para devolver as terras ponca. No canto diso, os lakota reclamaron as terras ponca como súas e comezaron a atacar e esixir tributos aos ponca ata 1876, cando o presidente dos Estados Unidos Ulysses S. Grant decidiu resolver a situación ordenando unilateralmente que os ponca fosen trasladados ao Territorio indio. A deportación, coñecida como o "sendeiro das bágoas ponca", levouse a cabo pola forza ao ano seguinte e provocou máis de 200 mortes.

O tratado foi negociado por membros da Comisión de Paz India, nomeada polo goberno, e asinado entre abril e novembro de 1868 en Fort Laramie e nas súas proximidades, no territorio de Wyoming, sendo os asinantes finais o propio Nube Vermella e outras persoas que o acompañaban. As animosidades polo acordo xurdiron axiña, cunha guerra aberta que volveu estalar en 1876, e en 1877 o goberno dos Estados Unidos anexionaron unilateralmente terras nativas protexidas polo tratado.

O tratado formou a base do caso do Tribunal Supremo de 1980, "Estados Unidos contra a Nación dos Indios Síux", no que o tribunal decidiu que as terras tribais cubertas polo tratado foran tomadas ilegalmente polo goberno dos Estados Unidos, e que se lle debía á tribo unha compensación e mais xuros. En 2018, esta suma ascendía a máis de mil millóns de dólares. Os síux rexeitaron o pago, esixindo no seu canto a devolución das súas terras, o cal non sería posible impugnar se se aceptaba a compensación monetaria.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía "Treaty with the Sioux — Brulé, Oglala, Miniconjou, Yanktonai, Hunkpapa, Blackfeet, Cuthead, Two Kettle, Sans Arcs, and Santee — and Arapaho, 1868" (Treaty of Fort Laramie, 1868). 29 de abril de 1868. Ratificado o 16 de febreiro de 1868; proclamado o 24 de febreiro de 1868. En Charles J. Kappler, compilador e editor, Indian Affairs: Laws and Treaties — Vol. II: Treaties. Washington, D.C.: Government Printing Office, 1904, pp. 998–1007. Through Oklahoma State University Library, Electronic Publishing Center...

Ligazóns externas Treaty text (15 Stat. 635) in the US Statutes at Large American Indian Rights And Treaties – The Story Of The 1868 Treaty Of Fort Laramie, video from Insider Exclusive Fort Laramie Treaty: Case Study do Museo Nacional dos Indios Americanos Collection of Photographs by Alexander Gardner, from his travels with the Peace Commission at Fort Laramie in 1868, from the Minnesota Historical Society

Categoría:Guerras síux Categoría:1868