Solenoid (en ) é unha novela de Mircea Cărtărescu publicada en 2015. O libro conta a historia dun profesor romanés que aspiraba a ser escritor. A crítica recibiuno de maneira positiva, comparándoo con Borges e Kafka pola súa trama absurda.

Sinopse A obra preséntase coma o manuscrito dun escritor romanés anónimo da década de 1980, que afirma que non o publicará. Ao comezo o narrador, un profesor de escola primaria, describe os piollos que colleu do seu estudantado. A partir de aí, principia as lembranzas da súa vida e a súa carreira frustrada como autor.

Nado en Bucarest en 1956, sufre de paresia. Tras rematar o servizo militar, graduouse en literatura na universidade. Alí, compartiu un poema épico cos seus compañeiros nun seminario de escrita, que se burlaron del. No transcurso da novela, aparecen seis solenoides distintos.

O protagonista é unha inversión do propio Cărtărescu. Este, por exemplo, tamén presentou un poema épico nun seminario, recibido no seu caso con loanzas.

Notas

Categoría:Literatura de Romanía