O Parque nacional Galápagos (PNG) é un parque nacional de Ecuador. Fundouse en 1959 e converteuse no primeiro parque nacional do país. Abrangue uns 7995,4 km², un 97 % da área terrestre das illas Galápagos, consideradas por expertos e científicos como o arquipélago volcánico mellor conservado do mundo.

A beleza natural das illas, a diversidade e singularidade de especies que alberga, a súa orixe volcánica, a súa dinámica xeolóxica con permanentes cambios e variedade de formacións; o ser considerado un laboratorio vivo de procesos evolutivos aínda en marcha, sumado a que foi o lugar onde se desenvolveron un gran número de especies tanto animais coma vexetais que non existen en ningún outro lugar do mundo, converten ás Galápagos nun sitio moi singular e de importancia mundial para o patrimonio común da humanidade.

A flora e fauna endémica e nativa únicas no mundo, converten as illas Galápagos nun lugar excepcional. Máis de corenta e cinco especies de aves endémicas, corenta e dúas de réptiles, quince de mamíferos e setenta e nove de peixes, viven nas Galápagos e conviven harmónicamente co ser humano. As illas Galápagos tamén posúen unha rica variedade de flora endémica, que acada as cincocentas especies entre plantas vasculares, briófitas e algas.

As especies máis representativas do parque nacional son as tartarugas xigantes, as cales lle dan o seu nome ao arquipélago. Inicialmente existían quince especies de tartarugas, mais a depredación humana da que foron vítimas nos séculos XVIII e XIX por parte de piratas e baleeiros, provocaron a extinción de tres especies, e as constantes erupcións do volcán La Cumbre, na illa Fernandina acabaron tamén coa especie desta illa, de forma natural.

En 2015 estudos científicos xenéticos identificaron unha nova especie de tartaruga xigante, a Chelonoidis donfaustoi, o que confirma que o parque é un laboratorio vivente.

O parque nacional Galápagos é unha das dúas áreas protexidas que existen nas illas Galápagos. Aa outra é a reserva mariña de Galápagos, ambas as áreas protexidas son administradas pola Dirección do parque nacional Galápagos, segundo a Lei Orgánica de Réximen Especial para a Conservación e Desenvolvemento Sustentable da Provincia de Galápagos.

Características biolóxicas

Ecosistemas e cobertura vexetal A vexetación das illas distribúese a través da zonificación de especies de plantas que durante a formación e evolución do arquipélago colonizaron distintas áreas; ademais son o resultado da incidencia do clima, como os ventos do sueste que propiciaron un aumento das precipitacións nas partes altas cara ao sur do arquipélago. A cantidade de chuvia que se precipita determina a formación de ecosistemas, indo desde matogueiras caducas a bosques perennes a zonas arbustivas e herbáceas húmidas. No arquipélago identificáronse sete zonas, que se distribúen heteroxeneamente entre as illas; a illa de Santa Cruz posúe sete e a illa de San Cristóbal catro.ECOLAP y MAE. 2007. Guía del Patrimonio de Áreas Naturales Protegidas del Ecuador. ECOFUND, FAN, DarwinNet, IGM. Quito, Ecuador.

Zona litoral O tipo de costa condiciona a composición de especies, que están distribuídas como parches cunha superficie total de ~1000 ha. Esta zona presenta mangleirais; o mangleiro vermello Rhizophora mangle está exposto aos niveis de marea e o mangleiro negro Avicennia germinans xeralmente se atopa asolagado por augas superficiais. O límite entre auga e terra está dominado polo mangleiro branco Laguncularia racemosa e o Conocarpus erectus actúa como transición ao sistema vexetacional terrestre. esquerda|miniatura|230x230px|Zona de mangleirais en Caleta Tortuga Negra, illa de Santa Cruz As plantas herbáceas que tamén desenvolveron tolerancia ao sal e á seca que crecen preto das costas son Sesuvium portulacastrum, a endémica S. edmonstonei, e Ipomoea pescaprae, que é moi importante como estabilizador de dunas; a Heliotropium curassavicum, Cryptocarpus pyriformis, Maytenus octogona, Batis maritima, Portulaca howellii, Hippomane mancinella, esta última coevolucionou coas tartarugas, pois a xerminación das súa sementes ocorre cando son inxeridas por estes réptiles miniatura|260x260px|As especies adáptanse ás épocas de seca.

Zona árida Ocupa a maior parte do territorio de Galápagos, esténdese por algunhas illas pequenas enteiras, e posúe a maior diversidade. Esta zona está composta por especies xerófitas de cactos, árbores, arbustos e plantas herbáceas tolerantes á seca como Castela galpageia, Erythrina velutina, Cordia lutea, Parkinsonia aculeata, Phoradendron henslowii, unha hemiparasita que vive en asociación co algodón das Galápagos; Macraea laricifolia e Scalesia affinis.

O rango medio desta zona esténdese de 80 a 200 m de altitude ou máis. A árbore máis coñecida é Bursera graveolens (pau santo); porén, unha especie máis pequena, B. malacophylla dáse só nas illas Seymour, Baltra e Daphne. Outras árbores desta zona son o endémico Psidium galapageium e o Pisonia floribunda. Os cactos adaptaron a súa capacidade de almacenamento de auga para sobreviviren nestas zonas áridas. Os xéneros de cactos Jasminocereus e Brachycereus son endémicos, así como todas as especies das Galápagos do xénero Opuntia. Exemplos destes cactos endémicos son Brachycereus nesioticus e as chumbeiras (Opuntia echios e O. helleri). Os arbustos leñosos compoñen os niveis inferiores dos estratos vexetais desta zona, como a endémica Castela galapageia, Lecocarpus pinnatifidus e outras especies do xénero Lecocarpus. As plantas herbáceas tamén se adaptaron a esta zona árida, incluíndo varias variedades endémicas de tomates das Galápagos (Lycopersicon cheesmanii), Passiflora foetida e especies dos xéneros endémicos Tiquilia e Chamaesyce.

Zona de transición Son ambientes intermedios entre a zona de Scalesia e a árida, cunha maior cantidade de epífitas e liques. Entre as plantas características encóntranse Piscidia cathagenensis, especie nativa explotada pola súa forte madeira; Syzygium jambos, unha árbore cultivada de 15 m; Senna occidentalis e Rhynchosia minima, esta última, unha enredadeira que se encontra en sitios alterados e preto de estradas. As néboas de orballo manteñen esta zona húmida durante a estación seca, cando se forman durante a noite e duran ata ben entrado o día seguinte, depositando a humidade e actuando como escudo nestas zonas de grande altitude. Dentro desta zona desenvolvéronse fases separadas de vexetación. Trátase de capas moi pequenas dentro da zona húmida, pero son vizosas e tropicais como resultado da maior humidade recibida. esquerda|miniatura|260x260px|As zonas húmidas preséntanse pola maior cantidade de chuvias que nas zonas máis próximas á costa; permitindo a formación de bosques de Scalesia, especies características endémicas do archipélago.

Zona de Scalesia A partir dos 300-500 m de altitude, faise evidente o estrato dominado por Scalesia spp. que emerxe da zona de transición, con árbores que chegan aos 5-15 m de altura.

Zona parda A Zanthoxylum fagara é a máis abondosa, principalmente por riba da Scalesia pero por debaixo da Micronia actuando parcialmente como transición dentro das especies da zona húmida.

Ademais, existen dúas especies de briófitas: un musgo (Zelometeorium patulum) e unha hepática (Frunallia sp.) a cal dá a esta zona unha aparencia cor café parda durante a estación seca. Ao norte da illa de Santa Cruz aínda é posible encontrar un remanente formando asociacións vexetais de Tournefortia pubescens e Acnistus ellipticus, especies endémicas. No resto das illas esta zona case desapareceu.

Zona Miconia As árbores son substituídas por arbustos nas illas de Santa Cruz e San Cristóbal. Miconia robinsoniana, de entre 3 e 4 m de altura a 600-700 m sobre o nivel do mar, domina a paisaxe creando un estrato separado. Este arbusto endémico era o máis espallado na illa de Santa Cruz, mais agora isto foi case completamente alterado pola agricultura e o pastoreo de gando.

Zona de pampas ou fentos É coñecida polos fentos, xuncos, herbas, musgos Sphagnum e once especies de orquídeas nativas, incluída Purthieva maculata. A pampa alberga o maior número de especies de fentos. Aínda que en todo o arquipélago das Galápagos crecen noventa especies diferentes. Os fentos arbóreos endémicos, como Cyanthea weatherbyana, crecen en tubos de lava colapsados, fochas e outras gretas e fendas deixadas polas actividades tectónicas. Esta zona é o centro de distribución de dous importantes familias para a flora das Galápagos: as Poaceae, representadas pola herba (Asistida sp.), con catro especies endémicas; e Cyperaceae, con Cyperus grandifolius e C. virens. Adicionalmente, atópanse Habenaria monorrhiza, Jaegeria gracilis e Lobelia xalapensis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Dirección del parque nacional Galápagos

Galápagos Categoría:Reservas da biosfera Categoría:Illas Galápagos