Havan é unha cadea brasileira de grandes almacéns, con sede en Brusque, no estado de Santa Catarina, Brasil.
Fundada o 26 de xuño de 1986 por Luciano Hang e Vanderlei de Limas, a empresa é coñecida polas súas tendas con fachadas semellantes á arquitectura neogrega e polas réplicas da Estatua da Liberdade instaladas diante da maioría das súas sucursais. A Havan vende produtos nacionais e importados ao grosista e polo miúdo. Actualmente ten 192 megatendas en vinte e tres estados e no Distrito Federal.
O nome Havan é unha combinación das primeiras sílabas dos nomes dos dous socios fundadores da empresa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Empresas do Brasil