Georges Jean Franz Köhler ([ˈʒɔʁʃ ˈkøːlɐ], Georges Köhler en alemán), nado o 17 de abril de 1946 e finado o 1 de marzo de 1995, foi un biólogo e inmunólogo alemán que recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1984 compartido con César Milstein e Niels Kaj Jerne "por teorías sobre a especificidade no desenvolvemento e control do sistema inmunitario e o descubrimento dos principios para a produción de anticorpos monoclonais". Köhler e Milstein desenvolveron a técnica do hibridoma, un método para producir anticorpos monoclonais de especificidade predefinida fusionando células B produtoras de anticorpos con células inmortais de mieloma.
A técnica foi unha ferramanta básica en inmunoloxía, bioloxía celular, biotecnoloxía, diagnósticos médicos e terapéutica baseada en anticorpos. Köhler traballou posteriormente no Instituto de Inmunoloxía de Basilea e foi director do Instituto Max Planck de Inmunoloxía de Freiburg im Breisgau, onde permaneceu ata a súa morte en 1995.
Primeira etapa da vida e educación Köhler naceu en Múnic na Alemaña ocupada polos aliados o 17 de abril de 1946. Seu pai, Karl Köhler, era alemán, e súa nai, Raymonde, procedía dunha familia francesa. Estudou bioloxía na Universidade de Freiburg, onde traballou baixo a dirección de Fritz Melchers. O seu traballo de doutoramento tiña que ver coa resposta inmune e a produción de anticorpos, intereses que o levarían máis tarde a investigar a xeración da diversidade de anticorpos.
Traballo con César Milstein
De abril de 1974 a marzo de 1976 Köhler realizou a súa invesigación posdoutoral no Laboratorio de Bioloxía Molecular MRC en Cambridge, traballando no laboratorio de César Milstein. A súa bolsa de investigación era pagada pola EMBO. O laboratorio de Milstein estaba investigando os mecanismos que subxacen na diversidade de anticorpos, incluíndo como as células inmunes xeran anticorpos con diferenes especificidades.
Köhler e Milstein buscaban un xeito de obter cultivos de células continuos que segregasen anticorpos dunha soa especificidade definida. A súa solución era fusionar linfocitos produtores de anticorpos de animais inmunizados con células inmortais de mieloma, producindo céllas híbridas —que posteriormente se coñecerían como hibridomas— que combinaban a secreción de anticorpos coa capacidade de creceren continuamente en cultivo. En 1975 publicou "Continuous cultures of fused cells secreting antibody of predefined specificity" (Cultivos continuos de células fusionadas que segregan anticorpos de especificidade predefinida") na revista Nature.
O método do hibridoma proporcionou un modo reproducible de xerar anticorpos monoclonais, a diferenza dos antisoros convencionais, que conteñen mesturas de anticorpos producidos por moitos clons de células inmunes diferentes. Os anticorpos monoconais podían facerse con especificidade uniforme, permitindo aos invetigadores identificar, purificar e medir moléculas determinadas con alta precisión.
Instituto de Inmunoloxía de Basilea En abril de 1976 Köhler volveu a Suíza como membro do Instituto de Inmunoloxía de Basilea, onde continuou as súas investigacións moleculares e celulares en híbridos de linfocitos. O instituto, dirixido por Niels Kaj Jerne, foi un importante centro para a inmunoloxía teórica e experimental. Köhler permaneceu en Basilea aproimadamente unha década, continuando a investigar a diversidade de anticorpos e o comportamento de células híbridas de linfocitos.
Durante os comezos da década de 1980 tamén se interesou polo uso de ratos transxénicos para estudar os mecanismos inmunolóxicos, incluíndo a autotolerancia.
Premio Nobel Köhler, Milstein e Jerne recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1984. A Jerne recoñecéuselle o traballo teórico sobre a especificidade, desenvolvemento e regulación do sistema inmunitario, mentres Köhler e Milstein foron premiados polo descubrimento dos principios para producir anticorpos monoclonais.
Na súa conferencia do Nobel, Köhler explicou a derivación e diversificación de anicorpos monoclonais e as implicacións científicas da técnica do hibridoma. O descubrimento foi tamén o motivo doutros premios, como o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Básica, que Köhler e Milstein recibiron en 1984.
Instituto Max Planck de Inmunobioloxía En 1986 Köhler converteuse no director do Instituto Max Planck de Inmunobioloxía en Freiburg im Breisgau. Tamén se mantivo en asociación coa Universidade de Freiburg. En Freiburg continuou traballando en inmunoloxía, incluíndo estudos sobre a formación de anticorpos, bioloxía de linfocitos e modelos experimentais para a regulación inmune. Köhler seguiu sendo director do instituto ata a súa morte.
Vida persoal Köhler casou con Claudia Reintjes en 1968. Tiveron tres fillos: Katharina, Lucia e Fabian. As súas biografías descríbeno como moi dedicado á súa familia así como ao traballo científico; durante os seus estudos traballou como taxista para manter a súa familia.
Morte Köhler morreu en Freiburg im Breisgau o 1 de marzo de 1995 á idade de 48 anos. Informacións contemporáneas atribúen a súa morte a unha doenza cardíaca.
Legado O colaboración de Köhler con Milstein transformou a inmunoloxía experimental facendo posible a produción de anticopos de especificidade definida reproducible. Os anticorpos monoclonais convertéronse en reactivos esenciais na investigación biomédica e o diagnósico clínico e posteriormente convertéronse nunha importante clase de axentes terapéuticos.
A técnica do hibridoma tamén axudou a cambiar a inmunoloxía cara a estratexias moleculares e baseadas en células, ligando a especificidade dos anticorpos a clons específicos de linfocitos e facendo que os anticorpos fosen ferramentas prácticas para identificar moléculas biolóxicas. A Sociedade Max Planck describiu a Köhler como inmunólogo pioneiro cuxo traballo con anticorpos monoclonais tivo consecuencias duradeiras para a ciencia e a medicina.
Publicacións seleccionadas Köhler, G.; Milstein, C. "Continuous cultures of fused cells secreting antibody of predefined specificity." Nature. 1975. Köhler, G. "The Nobel Lectures in Immunology. The Nobel Prize for Physiology or Medicine, 1984. Derivation and diversification of monoclonal antibodies." Scandinavian Journal of Immunology. 1992.
Notas
Véxase tamén Ligazóns exernas Georges J. F. Köhler en Nobelprize.org
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Premios Nobel de Alemaña Categoría:Inmunólogos de Alemaña