Edoardo Martinori, nado en Roma en 1854 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1935, foi un numismático, viaxeiro e alpinista italiano, pioneiro do esquí no seu país."Edoardo Martinori". I Grandi Numismatici. Società Numismatica Italiana (Socnumit.org).
Traxectoria Martinori naceu en 1854 en Roma, no seo dunha familia de orixe dálmata, cunha longa tradición de canteiros, artesáns do mármore, entre os que se achaban o seu avó Giacomo, o seu pai, Pietro Martinori, e tres dos irmáns deste. A súa familia asentárase en Roma e estivera activa nos círculos papais e no período posterior á Unificación,"I Martinori. Scalpellini, inventori, imprenditori dalla città dei papi a Roma Capitale". Journal. Architettura di Pietra (architetturadipietra.it). 30 de abril de 2008. ata o punto de ter a exclusiva da restauración do mármore nas igrexas da cidade."Edoardo Martinori (1854-1935)". Narnia.it
Edoardo continuou a saga familiar e estudou Enxeñaría na Escola de Enxeñaría Aplicada situada na basílica de San Pietro in Vincoli. Desde ese coñecemento técnico colaborou na súa xuventude coa empresa paterna e, entre outros traballos, foi el quen deseñou o pavimento na restauración de Santa María en Trastevere.Lucarelli, A. (1986). Páxina 329.
Malia ser a súa actividade como enxeñeiro a súa principal fonte de ingresos, Martinori cultivou intereses culturais moi diversos; entre as súas afeccións estaban a historia, a numismática, a fotografía, o coleccionismo, as viaxes e o sendeirismo de montaña. Como autor, centrou a súa atención na numismática e na historia do Lacio setentrional, e en particular na súa rede viaria.
Como numismático, Martinori pertenceu ao Instituto Italiano de Numismática, unha entidade na que chegou a ocupar a vicepresidencia. Foi tamén un importante coleccionista de moedas, e en novembro de 1913 vendeu a súa colección de moeda italiana mediante unha poxa pública organizada en Roma por P. Santamaría.Santamaria, P. & P. (1913). Catalogo delle monete di zecche italiane componenti la raccolta del Cav. Ing. Edoardo Martinori. Roma.
E como afeccionado ao alpinismo, foi un dos fundadores, xunto con Quintino Sella, da sección romana do Club Alpino Italiano, en 1873.Lucarelli, A. (1986). Páxina 330. Martinori legou 1000 liras ao Club Alpino Italiano para ser nomeado membro vitalicio da entidade.Lucarelli, A. (1986). Páxina 332.Tamén era membro da Sociedade Xeográfica Italiana, e foi nomeado membro de honra da Academia de San Luca e do Instituto Xeográfico Italiano, ao que doou diversos obxectos traídos das súas viaxes.Lucarelli, A. (1986). Páxina 333. miniatura|300x300px|Composición das xornadas no monte Vettore e no Gran Sasso d'Italia, debuxada por di Paolocci a partir de esbozos de Avanzi e Martinori para L'illustrazione Italiana (1879).L'illustrazione Italiana. N° 41. Outubro de 1879. Martinori realizou os primeiros ascensos invernais ao cumio central do macizo do Sirente (2348 m) e ao monte Velino (2487 m) en febreiro de 1881, e en maio dese mesmo ano acadou o cumio do Gran Sasso d'Italia, un cumio ata daquela inexplorado que infundía medo mesmo aos escaladores máis experimentados."Martinori, Edoardo". Enciclopedia Trecanni (Treccani.it).
En 1882 partiu cara a Palestina para realizar excursións ao monte Tabor, ao monte Carmelo e ao cumio do Sannine, en territorio libanés. En 1886 realizou unha travesía en esquí por Laponia, e en 1888 regresou a Asia para emprender unha longa travesía entre Turquía, Persia, os cumios do Cáucaso e as estepas do Turquestán, e en 1891 viaxou pola Eritrea Italiana. Nos inicios do século XX limitou os seus desprazamentos á Península Italiana.
Vida persoal Edoardo Martinori casou en 1893 con Erminia Rossi (finada en 1932), con quen viaxou na lúa de mel arredor do mundo, con destinos como a India, os volcáns de Xava, as Montañas Rochosas ou o Xapón, entre outros.
Martinori finou o 1 de xullo de 1935 na súa casa no número 29 da romana Via Flaminia, e foi soterrado no macizo Gran Sasso d'Italia, nos Apeninos, nun túmulo funerario en forma de pirámide. No seu testamento, deixou ao Club Alpino Italiano un par de esquís que mercara en Laponia durante unha das súas viaxes: os primeiros esquís importados a Italia.
Publicacións Esta é unha escolma dalgunhas as principais publicacións realizadas por Edoardo Martinori ao longo da súa traxectoria:"Suoi scritti". En Lucarelli, A. (1986). Páxinas 336-338.Cagiano de Azevedo, P. (2015).
Numismática
(1905). "Provisino inedito di Bonifacio IX Papa". En Rivista italiana di Numismatica. Vol. XVIII. Società Numismatica Italiana, Milán. Páxinas 89-95. (1907). "La zecca papale di Ponte della Sorga. Contado Venesino". En RIN. Vol. XX. Páxinas 215-256. (1908). "Zecca di Benevento: Soldo d’oro di Scauniperga e Liutprando". En RIN. Vol. XXI. Páxinas 219-226. (1908). A proposito di un obolo inedito di Giovanni XXII. C. Crespi, Milán. (1909). Della moneta paparina del Patrimonio di S. Pietro in Tuscia e delle zecche di Viterbo e Montefiascone (parte I). En RIN. Vol. XXII. Páxinas 379-438. (1910). Della moneta paparina del Patrimonio di S. Pietro in Tuscia e della zecca di Viterbo e Montefiascone (parte II). En RIN. Vol. XXIII. Páxinas 37-72.
(1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. (1917-1930). Annali della Zecca di Roma. Istituto italiano di numismatica, Roma. (1917). Urbano V (1362-1370) a Giovanni XXIII (1410-1415). (1917): Paolo II (1464-1471). (1917). Clemente VII. (1917). Paolo III, 1917 (1918): Martino V (1417-1431) - Eugenio IV (1431-1447). (1918): Nicolò V (1447-1455) - Calisto III (1455-1458) - Pio II (1458-1464). (1918): Sisto IV (1471-1484) - Innocenzo VIII (1484-1492). (1918): Alessandro VI (1492-1503) - Pio III (1503) - Giulio II (1503-1513). (1918). Leone X a Sedi vacanti (1523). (1918). Giulio III a Pio IV. (1918). Pio V a Gregorio XIII. (1919). Sisto V a Innocenzo IX. (1919). Clemente VIII a Paolo V. (1919). Sede vacante (1621) a Urbano VIII. (1919). Sede vacante (1644) a Clemente IX (1676-1669). (1920). Sede vacante (1669) a Innocenzo XI. (1920). Sede vacante (1689) a Innocenzo XII. (1921). Sede vacante (1700) - Clemente XII. (1921). Sede vacante (1740) a Pio VI. (1921). Sede vacante (1740 a Pio VI. (1921). Repubblica Romana - Occupazione Napoletana. (1922). Sede vacante (1800) - Repubblica Romana. (1922). Sede vacante (1800) - Repubblica Romana. (1930): Serie del Senato Romano. 1184-1439.
Viaxes
(1888). Sulle Montagne Rocciose, Viaggio in ferrovia (Settembre 1887). I. Sciolla, Roma. (1891). Escursioni in Palestina. Club Alpino Italiano, Torino.
Topografía (1929). Via Flaminia. Studio Storico-topografico. Roma. (1930). Via Cassia antica e moderna e sue deviazioni. Studio Storico-topografico. Roma. (1931). Via Salaria (antica e moderna), via Claudia Nova. Studio Storico-topografico. Roma. (1932). Vie maestre d'Italia. Via Nomentana, via Patinaria, via Tiburtina. Studio storico-topografico. Roma. (1932-1934). Lazio Turrito. Repertorio storico ed iconografico di torri, rocche, castelli e luoghi muniti della provincia di Roma [...]. Società Tipografica Manuzio, Roma.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cagiano de Azevedo, P. (2015). Archivio di Edfoardo Martinori. Roma. Capalbi, M. (2008). "Martinori Luigi". En Dizionario Biografico degli Italiani. Vol. LXXI, Istituto dell'Enciclopedia italiana Treccani.
Gabrieli, G. (1936). "Necrologio di Edoardo Martinori (1854-1935)". En Archivio della Regia Deputazione romana di Storia patria. 59. Páxinas 385-393.
Lucarelli, A. (1986). "Edoardo Martinori a cinquant'anni dalla morte". En Strenna dei Romanisti. Vol. XLVII. Páxinas 329-338.
Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Nados en Roma Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Coleccionistas Categoría:Viaxeiros Categoría:Alpinistas de Italia Categoría:Esquiadores alpinos de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes