O neonacionalismo ou novo nacionalismo é unha ideoloxía e movemento político, baseado no nacionalismo clásico, que integra elementos reaccionarios contrarios ás mudanzas político-económicas e demográficas causadas pola globalización posterior á década de 1980.

O neonacionalismo está vinculado a diversas posturas como o populismo de dereitas, a antiglobalización, o nativismo, o proteccionismo, a oposición á inmigración, a islamofobia nos países de maioría non musulmá ou ao euroescepticismo na Unión Europea e a súa área de influencia. Contrarios á globalización e á idea dunha nación universal, os neonacionalistas vén ameazada a súa identidade. Así, adoitan esixir a protección do patrimonio simbólico, como a arte ou o folclore, en comuñón co nacionalismo cultural.

Entre os exemplos paradigmáticos do novo nacionalismo destacan a campaña a favor do Brexit no referendo de 2016 ou a elección de Donald Trump coma presidente dos Estados Unidos. Varios políticos neonacionalistas alcanzaron o liderado dos seus países durante as décadas de 2010 e 2020, ou lograron un forte pulo nos mesmos, coma Giorgia Meloni en Italia, Marine Le Pen en Francia, Rodrigo Duterte e Bongbong Marcos nas Filipinas ou Jair Bolsonaro no Brasil.

Orixes O neonacionalismo está considerado un fenómeno común na Europa occidental. Orixinouse no período posterior á Guerra Fría debido aos cambios que esta nova fase da globalización produciu nos estados da rexión. A integración e expansión da Unión Europea supuxo unha serie de mudanzas económicas, sociais e políticas que xerou incertezas a nivel individual e colectivo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Teorías políticas Categoría:Nacionalismo Categoría:Extrema dereita Categoría:Antropoloxía