Tiara Andini, sobrenome artístico de Tiara Anugrah Eka Setyo Andini, nada en Jember o 23 de setembro de 2001, é unha cantante e actriz indonesia. Acadou notoriedade en 2019 ao participar na décima edición do concurso televisivo Indonesian Idol, no que quedou segunda, por detrás de Lyodra Ginting. Tras o concurso iniciou a súa carreira musical e desenvolveu unha traxectoria centrada principalmente na música pop.
Traxectoria miniatura|esquerda|Tiara cos seus pais en 2020 Tiara naceu no distrito de Patrang, un dos tres que constitúen a zona urbana de Jember, na provincia de Xava Oriental. É a máis vella de tres irmáns, e seus pais son os artistas Nugroho Ediyono Deddy, arranxador musical, e Sari Yoshida Setyoastri, cantante . Tiara entrou en contacto coa música dende a infancia e na súa época no ensino en primaria comezou a recibir formación vocal e, posteriormente, participou en concursos de canto de ámbito local e rexional. Primeiras experiencias O seu primeiro traballo foi como intérprete de cancións en mandarín en vodas da comunidade chinesa. En 2017 chegou á fase final do concurso Bintang Radio da estación local da RRI en Jember. Tamén tentou participar en programas televisivos como The Voice Kids Indonesia e The Voice Indonesia, aínda que non conseguiu superar as súas respectivas fases de selección. miniatura|esquerda|Tiara no Jember Fashion Carnaval de 2018 Tamén participou no Jember Fashion Carnaval, un desfile anual de traxes e moda celebrado na súa localidade natal. A organización escolleuna en 2018 para acudir, cun traxe de tema coreano, ao desfile da cerimonia de clausura dos Xogos Asiáticos de 2018. Nesa ocasión fotografouse con membros do grupo surcoreano Super Junior. Indonesian Idol 200px|miniatura|Tiara durante a interpretación da canción 'Kangen' de Dewa 19 en Indonesian Idol En 2019 participou na décima edición de Indonesian Idol. Na audición interpretou «Could It Be», de Raisa Andriana, e recibiu de Judika o denominado titanium ticket, un mecanismo de acceso directo á seguinte fase utilizado polo xurado. Tiara chamou especialmente a atención do público ao interpretar a canción en xavanés, a súa lingua materna, «Pamer Bojo», de Didi Kempot, na oitava gala do concurso, emitida en directo o 13 de xaneiro de 2020. A actuación deu lugar ao alcume «Tiara Cendol» ao introducir o retrouso "Cendol Dawet", popularizado por Abah Lala, que procede da palabra cendol, grumos verdes en xavanés, e que está relacionada co popular cendol dawet, un tipo de bebida fría e refrescante. Tras superar as audicións e permanecer cinco meses no proceso de preparación do concurso, o 2 de marzo de 2020 quedou segunda na final, por detrás de Lyodra Ginting. Como finalista recibiu un premio económico de 100 millóns de rupias indonesias e un automóbil Nissan Livina. Logo do concurso asinou un contrato con Universal Music Indonesia e pasou a estar representada por Star Media Nusantara. 2020: debut discográfico A súa primeira canción como artista discográfica foi «Gemintang Hatiku», que se publicou en 2020. O tema proporcionoulle os seus primeiros premios importantes: o de mellor artista revelación nos Anugerah Musik Indonesia (AMI) de 2020 e o de mellor artista nova de Indonesia nos Mnet Asian Music Awards dese ano .
Dous meses despois da súa participación en Indonesian Idol interviu, cun pequeno papel, en catro capítulos da serie de televisión Amanah Wali 4 na RCTI . O seu segundo sinxelo, «Maafkan Aku #terlanjurmencinta», tamén publicado en 2020, acadou os primeiros postos en diversas plataformas dixitais en Indonesia como Apple Music ou iTunes e o vídeo musical chegou ao primeiro posto das tendencias xerais de YouTube en Indonesia. Nese ano presentou canda Ayu Dewi, Denny Cagur e Raffi Ahmad o programa de variedades Dahsyatnya 2020. 2021: Arti untuk Cinta e primeiro álbum miniatura|Tiara Andini e Arsy Widianto cantando xuntos en 2023 En 2021 iniciou unha serie de colaboracións musicais con Arsy Widianto que posteriormente se converteron no EP Arti untuk Cinta. O proxecto publicouse o 12 de marzo de 2021 e incluíu cinco cancións. O título Arti procede da combinación dos nomes de Arsy Widianto e Tiara Andini. O EP gañou o premio ao mellor álbum pop nos Anugerah Musik Indonesia de 2021.
O 17 de decembro de 2021 publicou o seu primeiro álbum de estudio, Tiara Andini, editado por Universal Music Indonesia. O álbum contén cancións publicadas previamente, entre elas «365», «Maafkan Aku #terlanjurmencinta», «Merasa Indah» e «Janji Setia». «Janji Setia» constitúe unha das primeiras composicións nas que Tiara figura como letrista, xunto con Astono Handoko e Ramadhan Handy. O álbum recibiu candidaturas nos Anugerah Musik Indonesia e gañou o premio ao álbum do ano nos Indonesian Music Awards de 2021 .
2022: cine e expansión internacional miniatura|Cartelería promocional do filme My Sassy Girl En decembro de 2021 publicou os sinxelos «Merasa Indah» e «Janji Setia» que entraron na lista Billboard Indonesia Songs, mentres que o sinxelo «Usai» que se publicou en novembro dese ano tamén acadou presenza nas listas nacionais.
Ese ano debutou no cinema como protagonista de My Sassy Girl, adaptación indonesia da película surcoreana de 2001 de título homónimo. Tiara interpretou a personaxe de Sissy e compartiu protagonismo con Jefri Nichol. A estrea do filme foi o 23 de xuño de 2022. En outubro de 2022 participou no sinxelo «By My Side» do cantante filipino Zack Tabudlo. 2023: Super Girls miniatura|As Super Girls como se coñecen a Lyodra, Tiara Andini e Ziva Magnolya, as tres finalistas do Indonesian Idol de 2019 En 2023 participou, canda Lyodra Ginting e Ziva Magnolya, na canción «Glorious», composta polo grupo indonesio Weird Genius. A FIFA presentouna como canción oficial da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2023, que se celebrou na Arxentina.
A canción, nunha nova versión, converteuse en canción oficial da Copa Mundial de Fútbol Sub-17 de 2023, que se celebrou en Indonesia. A FIFA anunciou o remix, interpretado de novo por Weird Genius e polo trío formado por Lyodra, Tiara Andini e Ziva Magnolya, en outubro de 2023 .
En setembro de 2023 publicou «Flip It Up», o seu primeiro sinxelo en solitario interpretado integramente en inglés, nun estilo K-pop colaborou co produtor e letrista Hyuk Shin . 2024: ArTi Semestinya Cinta En xaneiro de 2024 publicou Ngeluwihi, un sinxelo principalmente en inglés que incorpora unha estrofa inicial en xavanés escrita pola propia Tiara. En marzo volveu colaborar con Arsy Widianto en ArTi Semestinya Cinta, un EP de cinco cancións que publicou Universal Music Indonesia o 7 de marzo. O EP inclúe «Lagu Pernikahan Kita», «Masih Hatiku», «Cantik», «Terindah Di Dunia» e «Mantan Terindah».
Ese ano publicou tamén «Kupu-Kupu», que acadou o cuarto posto da Billboard Indonesia Songs. A canción foi candidata á categoría de mellor artista solista feminina de pop nos Anugerah Musik Indonesia de 2024. Nos Anugerah Musik Indonesia de 2024 gañou o premio á mellor produción colaborativa por «Masih Hatiku», que interpretou con Arsy Widianto. En decembro de 2024 publicou Tiara Andini (Special Live Session), unha gravación en directo. 2025: Edelweiss O 17 de outubro de 2025 publicou Edelweiss, o seu segundo álbum de estudo, coa compañía Universal Music Indonesia. Entre os lanzamentos desta etapa figuran «Kupu-Kupu», «Bukan Untukku» e «Adu Bola Mata». En 2025 tamén publicou «Tanpa Cinta», en colaboración con Yovie Widianto. En xuño de 2026 saíu «Janji Setia», unha nova versión dun tema anterior, en colaboración coa cantante surcoreana MELONii onde combinan indonesio e coreano.
Estilo musical
A música de Tiara Andini sitúase principalmente no ámbito do pop e da balada pop, aínda que o seu repertorio tamén incorpora elementos de dance pop e R&B. A propia artista destaca entre as súas influencias Raisa, Jessie J, Mariah Carey, Celine Dion, Whitney Houston, Britney Spears e Ariana Grande. Tamén manifestou interese pola música popular surcoreana e citou integrantes de grupos de K-pop entre as súas referencias artísticas.
Discografía
Álbums de estudio
Tiara Andini (2021). Tiara Andini (Special Live Session) (2024). Edelweiss (2025).
EP
Arti untuk Cinta (2021), con Arsy Widianto. ArTi Semestinya Cinta (2024), con Arsy Widianto.
Sinxelos
«Gemintang Hatiku» (2020). «Maafkan Aku #terlanjurmencinta» (2020). «365» (2020). «Cintanya Aku» (2021), con Arsy Widianto. «Bahaya» (2021), con Arsy Widianto. «Hadapi Berdua» (2021). «Buktikan» (2021), con Vidi Aldiano. «Usai» (2022). «By My Side» (2022), con Zack Tabudlo. «Menyesal» (2023), con Yovie Widianto, Lyodra e Ziva Magnolya. «Tega» (2023). «Glorious» (2023), con Weird Genius, Lyodra e Ziva Magnolya. «Flip It Up» (2023). «Ngeluwihi» (2024). «Lagu Pernikahan Kita» (2024), con Arsy Widianto. «Masih Hatiku» (2024), con Arsy Widianto. «Kupu-Kupu» (2024). «Bukan Untukku» (2024). «Tanpa Cinta» (2025), con Yovie Widianto. «Adu Bola Mata» (2025).
Xiras e actuacións
Como artista principal
Bahaya (Mantan) Terindah Live Tour (2022–2023).
Como artista convidada
Rossa 25 Shining Years Concert (2022). Billion Songs Concert (2023).
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Cantantes de Indonesia Categoría:Nados na provincia de Xava Oriental Categoría:Cantantes en lingua indonesia