Manuel Lobeira Rodríguez, nado en Loira (Seixo, Marín), foi un mariñeiro e militar galego.

Traxectoria Traballou como mariñeiro e trasladouse xunto aos seus irmáns a Pasaia, onde seguiu dedicado á pesca. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse na Mariña de Guerra Vasca (1936-1937), sobreviviu a bombardeos e accións bélicas. Seguiu combatendo en Cataluña dende 1937. En agosto de 1938 formou parte da dotación do destrutor José Luís Díez, que intentou pasar o estreito de Xibraltar desde Le Havre. O buque recibiu varios impactos de artillería e refuxiouse en Xibraltar. Nun novo intento de saída o buque acabou novamente danado. Por esta acción Manuel foi condecorado polo seu valor polo Goberno da República. Exiliouse no norte de África coa frota republicana. Estivo preso en varios campos de concentración de Tunisia e Alxeria, dos que fuxiu. Na segunda guerra mundial participou no servizo aliado de espionaxe e intelixencia contra a ocupación. Finalmente puido exiliarse en México. Non puido volver a Galicia até despois de 1977.

Vida persoal

Fillo de Manuel Lobeira Aguete e Laureana Rodríguez, foi irmán de Gerardo, Antonio, José e Consuelo Loberia Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La guerra perdida, y la memoria ganada, de la familia Lobeira

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Marín

Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Finados en ano descoñecido