José Lobeira Rodríguez, nado en Loira (Seixo, Marín), e finado no mesmo lugar o 16 de novembro de 1982, foi un mariñeiro e militar galego.

Traxectoria Traballou como mariñeiro e trasladouse xunto aos seus irmáns a Pasaia, onde seguiu dedicado á pesca. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse como voluntario na Marina de Guerra Vasca, e foi destinado ao dragaminas D-12, que estivo a piques de afundir debido aos efectos dunha mina que impactou moi cerca do buque. Do D-12 pasou ao dragaminas D-9, co que participou na evacuación de civis da vila de Lekeitio, un día antes de que fose ocupada polos franquistas. Cando caeu Euskadi, o seu barco puxo rumbo a Santander, para continuar coa misión de desactivar minas no mar. Despois embarcou no D-19 e, cando cae a fronte norte, o buque navegou cara a La Pallice quedando finalmente internado en Rochefort o resto da guerra, mentres en España José foi declarado en rebeldía.

Xunto cos seus irmáns, regresou a España por Cataluña, ingresando, igual que Gerardo, no Corpo de Carabineros. Coa derrota da República cruzou a fronteira a Francia polos Pireneos, e foi internado no campo de concentración de Bram-Aude. Puido regresar a Loira, onde finou en 1982.

Vida persoal Fillo de Manuel Lobeira Aguete e Laureana Rodríguez, foi irmán de Gerardo, Manuel, Antonio e Consuelo Loberia Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La guerra perdida, y la memoria ganada, de la familia Lobeira

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1982