Susana March Alcalá, nada en Barcelona o 28 de xaneiro de 1915 e finada na mesma cidade o 21 de decembro de 1990, foi unha escritora española principalmente de poesía e novela rosa. En colaboración co seu marido, o escritor Ricardo Fernández de la Reguera, escribiu os Episodios nacionales contemporáneos. A súa irmá foi a tamén escritora Teresa March.
Traxectoria Foi filla de Esteban March Gispert, administrador de predios, e de Genoveva Alcalá Domeque, mestra retirada. Tres dos seus irmáns faleceron prematuramente.
Desde moi nova dedicouse á poesía, que consideraba a súa verdadeira vocación. En 1932, con só 17 anos, publicou os seus primeiros poemas no diario Las Noticias.
O seu primeiro libro de poemas, Rutas, foi publicado en 1938. Está composto por unha gran variedade métrica. Nel xa perfílanse os temas centrais da súa poesía: a visión da vida como ruta, o envellecemento, a presenza da morte e a autobiografía.
En 1940 contraeu matrimonio con Ricardo Fernández de la Reguera, e a súa novela El tesoro escondido, foi a gañadora do Certame Literario da Federación de Caixas de Aforros Catalano-Balear. Baixo o pseudónimo de Amanda Roma publicou novelas rosas para a revista colombiana Cromos. Especialmente popular foi a súa novela Algo muere cada día, ambientada na guerra civil española, que foi traducida a varios idiomas.
No programa de radio «Hablan los escritores» de Radio Miramar, o 13 de decembro de 1955 explicou a súa dedicación á novela rosa.
Logrou a súa consagración definitiva na poesía en 1946 ao ser publicada Ardiente voz. Os principais temas da súa poesía son un canto ao desexo e unha chamada ao home para que a complemente. Apartouse deste tema na súa obra Esta mujer que soy (1959), na que critica a burguesía da súa época.
Xunto ao seu marido, desde 1962 realizou o labor de continuar os Episodios Nacionales de Benito Pérez Galdós publicando os Episodios Nacionales Contemporáneos. Este traballo fíxolle abandonar a poesía.
En 1986 recibiu o premio Angaro de Poesía.
Finou o 21 de decembro de 1990 en Barcelona.
Obra A súa obra poética pódese dividir en dous períodos que abranguen dúas décadas de produción, unha para cada etapa: unha primeira poesía que se pode denominar «Poesía temperá» e un segundo momento de «Poesía de madurez». A temperá inclúe os tres primeiros poemarios: Rutas (1938), Poemas de la Plaza Real (non se publicou por primeira vez até 1987) e Ardiente Voz (1948). Este último poemario xa é precursor da súa obra de maior calidade, cun verso libre, unha voz poética cada vez máis aflixida e unha linguaxe sinxela e próxima.
Obras
Poesía
Rutas (1938) La pasión desvelada (1946) Ardiente voz (1946) Polvo en la tierra (1949) poema narrativo que gañou un accésit no Premio de Poesía Boscán El viento (1951) La tristeza (1953) accésit do Premio Adonáis Esta mujer que soy (1959) Los poemas del hijo (1970) Poemas de la Plaza Real publicado en 1987, aínda que escrito cando a autora tiña entre 25 e 30 años
Novela
El tesoro escondido (1940) El velero cautivo (1941) Una alondra en la casa (1943) Nido de vencejos (1943) Canto rodado (1944) La otra Isabel (1944) Cumbre solitaria (1945) Nina (1949) finalista do Premio de Novela Ciudad de Barcelona Algo muere cada día (1955) Cosas que pasan (1983)
Episodios nacionales contemporáneos (1963-1972) En colaboración co seu marido Ricardo Fernández de la Reguera.
Héroes de Cuba (1963) Héroes de Filipinas (1963) Fin de una regencia (1964) La boda de Alfonso XIII (1965) La semana trágica (1966) España neutral (1914–1918) (1967) El desastre de Annual (1969) La dictadura I. El directorio militar (1923–1925) (1969) La dictadura II. El régimen civil (1926–1930) (1971) La caída de un rey (1972) La República I (1979) La República II (1988)
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en 1915 Categoría:Poetas de Cataluña