Antonio Perera Calderón, nado en Badaxoz o 8 de xuño de 1997, é un futbolista estremeño que xoga na posición de centrocampista. Na tempada 2026/27 forma parte do Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria en clubs Extremadura UD Perera formouse nas categorías xuvenís do CD Gévora, CP Flecha Negra e CD Diocesano. En 2016 foi fichado polo Extremadura Unión Deportiva. Na tempada 2016/17 foi xogador do Extremadura UD B da Terceira División e tamén participou en varios encontros do primeiro equipo na Segunda División B.

Deportivo Alavés En novembro de 2017 asinou un contrato de tres anos co Deportivo Alavés, sendo asignado inicialmente ao Alavés B da Terceira División. Foi titular habitual do equipo filial durante as seguintes tempadas e contribuíu a alcanzar o ascenso á Segunda División B en 2019.

Cesión ao Istra 1961 O 19 de agosto de 2020, tras asinar un novo contrato de catro anos co Alavés, Perera foi cedido ao NK Istra 1961 da Druga HNL. O seu debut profesional tivo lugar o 8 de novembro dese ano, cando foi substituto de Slavko Blagojević nunha derrota por 5-0 contra o GNK Dinamo Zagreb.

Botev Plovdiv O 5 de agosto de 2022 anunciouse o traspaso de Perera ao PFC Botev Plovdiv da Primeira Liga de Bulgaria.

CD Lugo O 20 de xaneiro de 2026 foi fichado polo Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Palmarés Botev Plovdiv Copa de Bulgaria: 2023/24

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Antonio Perera en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Badaxoz Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do NK Istra 1961 Categoría:Xogadores do PFC Botev Plovdiv Categoría:Xogadores do CD Lugo