Tapia eta Leturia é un grupo de música folk do País Vasco, formado en 1984.
Membros Joseba Tapia: trikitixa. Xabier Berasluze "Leturia": pandeiro. Arkaitz Miner: violín. Txus Aranburu: piano.
Historia O grupo, formado orixinalmente polos músicos Joseba Tapia e Leturia en 1984. Desde 1986 ano no que apareceu o seu primeiro álbum, gravaron varios discos e realizaron distintas xiras internacionais. A primeira foi en 1992, na que recorreron o Reino Unido. En 1993 acompañaron a Negu Gorriak durante o Itxurakeriari Stop!! Hypocrisy Tour 93 en varias datas en Suíza e Alemaña, e con Rogelio Botanz no seu disco Tiempo.
Durante 1994 e 1996 fixeron unha xira polo Canadá, o que lles abriu as portas á edición de Dultzemenoa (o seu sexto álbum) neste país.
Coa incorporación de Arkaitz Miner (violín) e Txus Aranburu (piano) consolidáronse definitivamente como cuarteto.
Discografía Álbums Euskadiko Trikitixa Txapelketa (IZ, 1986) Jo eta Hautsi (Elkar, 1987) Euskadiko Trikitixa Txapelketa (IZ, 1988) Tapiatarren Trikitixa (Elkar, 1989) Juergasmoan (Elkar, 1990) Dultzemenoa (Elkarn, 1992) Canada Tour (1996). Edición especial para o Canadá de Dultzemenoa. 1998 (Elkar, 1998). Dobre CD. Bizkaiko Kopla Zaharrak (Elkar, 1999) Hain zuzen (Gaztelupeko Hotsak, 2002)
Como Tapia eta Leturia Band Tapia eta Leturia Band (Elkar, 1995) Ero (Elkar, 1997)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo
Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais formados en 1984 Categoría:Grupos musicais de folk